Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Venres, 03 de decembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de la Policía Local de Lugo

Accidentes de circulación

Ás 14:30 horas do día 2 de novembro un equipo de Atestados da Policía local de Lugo desprázase á confluencia de Rúa Armórica con Rolda de Fingoi requiridos por un accidente de circulación. O accidente prodúcese cando o condutor do turismo (que circulaba por Rúa Armórica en sentido descendente) perde o control do mesmo e impacta contra un turismo estacionado na marxe esquerda provocando o desprazamento deste último ata impactar primeiramente contra outro turismo estacionado e, a continuación, contra un muro e zona axardinada pertencente a unha comunidade de veciños da Rolda de Fingoi. Instrúense dilixencias.

Ás 18:50 horas do día 1 de novembro recíbense varias chamadas en Sala 092 informando dun turismo, que circula por Av. De Madrid (sentido entrada cidade), impacta contra varios sinais de titularidade municipal ata quedar finalmente detido na confluencia con Rolda das Mercedes. Un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase ao lugar e identifica ao condutor, sendo sometido ás probas de verificación de alcol mediante etilómetro de mostraxe lanzando resultado NEGATIVO. Instrúense dilixencias.

Axuda a cidadáns

Sobre as 16:30 horas do día 2 de novembro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo acode a unha parada de bus urbano na Rolda da Muralla xa que no interior dun bus hai unha persoa de avanzada idade totalmente desorientada.

A patrulla comproba que se trata dun señor de 96 anos que non sabe onde dirixirse polo que se lle axuda a baixar do autobús, iniciando investigacións para a localización de familiares, logrando contactar cunha familiar directa, trasladándoo no coche patrulla ao seu domicilio, rexeitando asistencia médica.

Ás 17:00 horas unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade a un edificio da rúa Río Navia xa que os familiares dunha persoa que alí reside están moi preocupados xa que leva varias semanas sen contactar con eles.

Os axentes localizan a esta persoa, que se atopa en bo estado, manifestando que non chamou á súa familia xa que ten o teléfono estragado e non puido nin reparalo nin comprar un novo. Os policías informan á familia deste extremo, comunicando que se acha en bo estado de saúde.

Multimedia

  • Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Noticias relacionadas