Comunicado de prensa de policia local de Lugo

Martes, 02 de xuño de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Estado de alarma

Durante a tarde do 1 de xuño/20, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio estableceron dispositivos para o control do cumprimento das normas relativas ao Estado de Alarma, interceptando na Avenida dous Deportes un turismo cuxo condutor circulaba en  zig- zag, invadindo o carril contrario á circulación.

Unha vez dado o “alto” observouse que presentaba signos de embriaguez polo que foi sometido ás probas de detección alcohólica, arroxando un resultado POSITIVO de 0,76 mg/ l, polo que se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria.

Esta conduta está castigada no Código penal con pena de prisión de tres a seis meses ou coa de multa de seis a doce meses ou coa de traballos en beneficio da comunidade de trinta e un a noventa días, e, en calquera caso, coa de privación do dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata catro anos.

Inspección establecementos públicos

Na madrugada do 2 de xuño/20, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo realizaron unha inspección nun establecemento de hostalería da rúa Salvador de Madariaga polas continuas queixas dos veciños polo ruído que provén dese local.

Os axentes levantan acta de infracción á normativa reguladora de espectáculos públicos e actividades recreativas.

Noticias relacionadas