Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Servizos destacados durante a fin de semana do 29 de abril ao 2 de maio de 2022

Luns, 02 de maio de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Inspección establecementos públicos

Na madrugada do sábado ao domingo, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo realizan inspección a un local de lecer nocturno situado na rúa Doutor Fleming levantando acta de denuncia por infracción á normativa de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia ao detectar que tiña as portas abertas, transmitindo altos niveis de ruído ao exterior, incompatible co descanso dos veciños.

Alcoholemias e delitos contra a seguridade viaria

Ás 1:00 horas do día 30 de abril unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detecta a circulación irregular dun vehículo por Camiño de Pipin, comprobando os axentes, a través das bases de datos policiais, que o condutor CARECÍA de permiso de condución, sendo trasladado á Unidade de Atestados do Corpo onde se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

A madrugada do día 1 de maio, nun control establecido na Rolda da Muralla, detectáronse dous condutores con signos de inxesta de alcol, sendo sometidos ás probas regulamentarias, lanzando resultados POSITIVOS de 0,33 e 0,53 mg/l, abríndose expedientes sancionadores con multas de 500 euros e a retirada dos 4 puntos ao primeiro e de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos ao segundo.

Ás 16:00 horas do día 1 de maio un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á rúa Tui xa que se producira un accidente de circulación no que un vehículo desvíouse da súa traxectoria e choca con outro que acababa de estacionarse e o seu condutor aínda estaba no interior, e debido ao impacto desprázase e choca á súa vez cun terceiro, observando que o condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido a un control de alcoholemia con resultado POSITIVO de 0,50 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución. A condutora do vehículo estacionado precisou asistencia sanitaria. (Adxúntase imaxe)

Ás 5:10 horas do día 2 de maio un equipo de Atestados da Policía Local de Lugo comparece na Rolda da Muralla xa que se produciu un accidente de circulación, comprobando que un vehículo chocara contra outro estacionado, desprazándoo cara adiante e impactando contra outro vehículo máis, tamén estacionado, observando que o condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica e lanzando un resultado POSITIVO de 0,87 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido. ((Adxúntase imaxe)

Auxilio á cidadanía

O pasado día 29 de abril unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se dirixa á rúa Montirón xa que unha persoa de avanzada idade necesitaba atención sanitaria. Os axentes comproban que no interior dun establecemento hai unha señora de 79 anos cunha crise nerviosa, sendo auxiliada inicialmente pola patrulla, requirindo unha ambulancia do 061 que a trasladou ao HULA para a súa atención médica.

O mesmo día unha patrulla acode á rúa Camiño Real para colaborar cunha dotación do 061 xa que unha persoa atopábase tirada na rúa, comprobando os axentes que esta persoa áchase en estado de embriaguez, sendo asistida polos servizos sanitarios.

O día 1 de maio unha patrulla é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade a un local de hostalería da Avenida da Coruña xa que un home que estaba na terraza quedouse durmido na cadeira, temendo que puidese caerse ao chan. Os axentes comproban que esta persoa presenta unha forte embriaguez, sendo auxiliado inicialmente pola patrulla policial que require a presenza dunha ambulancia do 061 na que é trasladado ao HULA para a súa atención facultativa.

Multimedia

  • Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Noticias relacionadas