Comunicado de prensa de Policía Local de Lugo

Venres, 01 de xullo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Accidente de circulación con altas taxas de alcol e probas de alcoholemia a outro tres condutores

Ás 4,40 horas do día 1 de xullo/22 o equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á rúa Pascual Veiga xa que se produciu un accidente de circulación no que un vehículo en circulación choca contra dous estacionados, observando que o condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica e lanzando un resultado POSITIVO de 1,1 mg/l (máis de catro veces a taxa máxima permitida), instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria, comprobando ademais que o vehículo carecía de Seguro Obrigatorio e o titular non pasara a ITV no prazo debido, abrindo expedientes sancionadores con multas de 1.500 e 200 euros respectivamente por estas infraccións.

No lugar do accidente estaba a dar apoio ao equipo de Atestados dúas patrullas do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, observando a circulación irregular dun vehículo, sendo parado e observando que presentaba os seus condutor signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,42 mg/l, abrindo expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución e inmobilizando o vehículo.

Acto seguido a patrulla observa que se aproxima outro vehículo que circula irregularmente, sendo detido e comprobando que o seu condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica lanzando un resultado POSITIVO de 0,54 mg/l, abrindo expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6  puntos do permiso de condución, inmobilizando o vehículo.

Pasados uns minutos aproxímase outro vehículo que realiza unha condución irregular, sendo parado e observando que o condutor presenta signos de inxerir bebidas alcohólicas, sendo sometido ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,41 mg/l, abrindo expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4  puntos do permiso de condución.

Filtros de seguridade viaria

Durante a madrugada estableceuse un control estático de alcoholemia na Ronda da Muralla, no que participaron indicativos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo co apoio dun equipo de Atestados do Corpo, interceptando TRES condutores que lanzaron resultado POSITIVO nas probas ás que foron sometidos.

O primeiro ás 1,10 horas, lanzando un resultado de 0,43 mg/l; o segundo ás 1,20 horas, lanzando un resultado de 0,55 mg/l e o terceiro ás 1,40 horas lanzando un resultado de 0,51 mg/l.

Ao primeiro abríuselle expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4  puntos do permiso de condución e aos dous seguintes abríuselles expedientes sancionadores con multas de 1.000 euros e a retirada de 6  puntos do permiso de condución.

Controis de velocidade

Na xornada de onte, por efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, establecéronse novos controis de velocidade naquelas vías do centro urbano onde se detecta un incremento de accidentes de circulación, empregando un vehículo policial dotado de cinemómetro, controlando 880 vehículos e formulando denuncia a 23 condutores que pasaron a velocidade máxima permitida para as vías (50 km/h), sendo a velocidade máis alta detectada de 95 km/h, o que supón para o condutor un sanción de 500 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.

O obxectivo destes controis son os de vixiar e garantir o cumprimento dos límites de velocidade nas rúas de Lugo e concienciar aos condutores da necesidade de adecuar a velocidade do vehículo á establecida para a vía, xa que o exceso de velocidade incide desfavorablemente na seguridade viaria e ten un impacto negativo sobre os usuarios máis vulnerables da vía como son os peóns e ciclistas.

Noticias relacionadas