Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Luns, 31 de agosto de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Molestias por ruído procedente de vivenda particular

Ás 1’20 horas do día 29 recíbense queixas polo volume de música procedente dun piso da  Avd. da Coruña, unha vez no lugar, os policías do Grupo Operativo Nocturno non escoitan música, pero si voces procedentes do inmoble indicado. Contactan co residente no mesmo, que manifesta estar en compañía de tres amigos e que, talvez, nalgún momento, alzasen a voz, o cal corrixirán de inmediato.

Ás 4’20 horas do día 29 de agosto recíbense queixas na Sala do 092 polas molestias procedentes dun piso da rúa da Cruz, de onde saía música, parecida á dun karaoke, con volume elevado. Os axentes comproban a veracidade da información desde o domicilio dos requirentes, tras o cal localizan a vivenda da que procede a música, poñéndose ao fala co morador da mesma, informándolle das molestias que estaba a crear, as cales cesan de inmediato.

Ás 3’15 horas do día 30 de agosto recíbense queixas na Sala do 092 polas molestias creadas polo volume de música e ruídos procedentes dunha vivenda da rúa Germán Alonso. Se  comisiona no lugar unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno que, aínda que non escoita música, se oe voces procedentes dunha dunha terraza próxima, asomándose unha persoa á vía pública, coa cal se entrevistan os axentes tras ser convidados a acceder ao domicilio. Trátase dunha reunión entre varios amigos, aos que se indica das queixas recibidas, a partir do cal moderan o ton de voz, cesando así as molestias.

Tellas caídas sobre vía pública

Ás 14’45 horas do día 29 se comisiona na rúa Madreselva unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio, xa que a Sala do 092 recibiu información de que varias tellas dun inmoble caeron sobre a vía pública, sen causar danos. Os policías requiren unha dotación de Bombeiros, cuxos ocupantes retirar varias tellas máis que corrían risco de caer.

Posteriormente, os axentes logran contactar co titular da vivenda, quen manifesta coñecer o estado de deterioración do tellado, cuxo arranxo demorara con motivo do COVID-19.

Denuncia por supostos malos tratos animais

O día 28 de agosto recíbese unha chamada na Sala do 092 informando dun posible caso de malos tratos animais, xa que un veciño observaba, desde a súa vivenda, a existencia dun can nunha terraza próxima que presentaba, ao seu xuízo, falta de forza por desnutrición e falta de coidados.

Desprázase ao lugar unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio, sendo recibidos polos propietarios do animal, que resulta ser unha cadela de trece anos de idade, con diversas patoloxías veterinarias, comprobando os policías que o animal está dotado de toda a documentación regulamentaria, contactando tamén coa clínica veterinaria que o atende, que confirma que o estado do animal é consecuencia da idade e as enfermidades que sofre, das que está a ser tratada.    

Todo o actuado ponse en coñecemento da persoa denunciante.

Ás 12’30 horas do mesmo día 28, a Sala do 092 recibe unha chamada da Sociedade Protectora de Animais informando de que o Servizo de Lacería recolleu unha cadela cun cachorro en mal estado de saúde e, a xuízo do veterinario, sen a atención necesaria por parte do seu propietario.

Os policías póñense en contacto co persoal da protectora, sendo informados de que, a citada cadela xa fora retirada o día 20 do presente mes, en lamentables condicións hixiénico-sanitarias, con  sarna,  mastitis,  otitis e numerosas lesións na pel, tras o cal foi recollida polo seu dono, momento no que foi advertido, por escrito, que habería de facilitar un lugar para localizar ao animal e permitir a revisión do seu estado de saúde en trinta días desde a súa entrega. A pesar diso, o veterinario observa que o estado do animal empeorou, motivo polo cal se inician as correspondentes dilixencias por un presunto delito de malos tratos animais, o cal se atopa castigado no Código penal con pena de prisión de tres meses e un día a un ano e inhabilitación especial dun ano e un día a tres anos para o exercicio de profesión, oficio ou comercio que teña relación cos animais e para a tenencia de animais.

Presuntos malos tratos no ámbito familiar

Ás 23’00 horas do día 30 recíbese chamada no 092, procedente do Servizo 112, informando duns presuntos malos tratos familiares nunha vivenda da Praza de Alacante. Desprázase de inmediato ao lugar unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno, sendo recibidos por un home de 46 anos de idade, quen manifesta discutir co seu pai, ao cal empuxou.

Na cociña do inmoble atópase o pai do suxeito, de 75 anos de idade, sendo atendido por sanitarios do 061. O pai di ser agredido polo seu fillo, que lle golpeaba e tirado ao chan, con consecuencia do cal, segundo os sanitarios, presentaba unha fractura na súa perna esquerda, á altura da coxa.

Por todo o detallado, os axentes proceden á detención inmediata do fillo, o cal é trasladado a un centro sanitario, para ser atendido polo estado de nerviosismo que presenta e posteriormente á dependencias policiais, para a instrución das correspondentes dilixencias por un presunto delito de malos tratos no ámbito familiar.

Denuncias por incumprimento de medidas de prevención con motivo do COVID-19

Ás 21’15 horas do día 30 unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio procede á identificación de catro menores que se atopaban na zona axardinada entre o Palacio de Feiras e Exposicións e o Paseo do Miño, xa que varias persoas presentes no lugar, cos seus fillos pequenos, requiriran o servizo policial, ao facer caso omiso os catro menores das súas advertencias para que fixesen uso das máscaras, ao cal se negaban.

No momento de chegar os axentes, os catro novos facían uso da máscara, pero foron acompañados aos seus domicilios, para a súa identificación e aviso aos seus pais do ocorrido, xa que os  requirentes presentaron denuncia voluntaria como particulares.

Ás 18’15 horas do día 29 de agosto, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio é requirida desde a Oficina Municipal de Turismo, sita na Praza do Campo, xa que unha usuaria negábase a facer uso da máscara obrigatoria.

Unha vez no lugar, os axentes observan que a muller se atopa na terraza dun establecemento hostaleiro próximo, cumprimentando as follas de reclamacións facilitadas na oficina de turismo, mostrando aos policías un informe, presuntamente dun especialista en psiquiatría, o cal non está asinado e que di que a paciente ten dificultade por permanecer durante tempos prolongados coa máscara posta.

Os axentes confeccionan acta - denuncia por un presunto incumprimento das medidas de prevención contra o COVID-19, debido ás dúbidas xeradas polo informe, que porta, como queda dito sen firma, e nunha imaxe no teléfono móbil.

Ás 17’10 horas do mesmo día tamén se denuncia ao usuario da terraza dun establecemento da rúa Julia Minguillón que se atopaba, en compañía de varias persoas máis, sen gardar a distancia mínima interpersoal e sen facer uso da máscara.

Ás 16’55 horas do mesmo día tamén son denunciados dous clientes dun local de  Camiño Real, os cales se atopaban no interior do local, consumindo na barra, sen facer uso da máscara.

En ambos os casos foi denunciado o titular do establecemento, xa que a recente orde da Xunta de Galicia, imponlles a obrigación de coidar que os seus clientes fagan uso da máscara.

Cans potencialmente perigosos incumprindo lexislación

O día 25 do presente mes, por parte de axentes da Unidade Territorial de Policía de Barrio, iniciáronse as actuacións oportunas para a comprobación de determinados feitos denunciados por unha veciña de  Ferreiros - Santa María Magdalena, sobre a existencia de dous cans, potencialmente perigosos, que entraban no recinto da súa vivenda, sen que os seus propietarios fixesen nada para evitalo, co perigo que iso conleva.

Despois das correspondentes indagacións, os policías comprobaron que se trataba dun “Pitbull” e un “Stanford Bull Terrier”, ambos os catalogados como potencialmente perigosos, logrando localizar á posuidora dos animais, que manifesta non saber onde se atopa a propietaria dos mesmos, podendo comprobar que dita muller, a pesar de estar a cargo dos cans, non está en posesión da preceptiva licenza municipal, motivo polo cal foi denunciada.

Os axentes tamén confeccionaron acta denuncia por outras infraccións, tales como non cumprir coa obrigación de inscribir aos cans no Rexistro Municipal de Cans Potencialmente Perigosos e acharse os animais soltos e sen boceira en lugares públicos.

Auxilio encerrada en rocho

Ás 20’10 horas do día 30 de agosto, os membros da Unidade de Atestados diríxense a unha vivenda da Rolda de Fingoi, onde unha persoa quedouse encerrada no interior dun rocho situado no soto do edificio.

Os axentes logran abrir a porta, algo que ao afectado resultáballe imposible desde o interior, comprobando que a persoa atrapada non necesitaba máis intervención, nin médica nin policial.

Alcoholemias positivas

Durante a fin de semana, a Unidade de Atestados tramitou dous expedientes por presuntos delitos contra a seguridade viaria, por conducir un vehículo de motor baixo a influencia de bebidas alcohólicas.

No primeiro dos casos, recíbese información na Sala do 092 sobre un condutor durmido ao volante na rúa Curros Enríquez. Unha vez no lugar, os axentes comproban que se trata do condutor dun turismo, que se atopa co motor en marcha e no carril central da rúa Curros Enríquez, na súa confluencia coa  Avd. da Coruña.     

Tras poñerse en contacto co condutor, observan que presenta claros signos de atoparse baixo a influencia do alcol, polo que lle practican as preceptivas probas, arroxando dous resultados de 0’84 e 0’84 mg/ L.

No segundo caso, trátase dunha saída de vía, na Avd. da Coruña, na que o vehículo choca contra un farol e un sinal vertical.

O condutor arroxa dous resultados positivos de 0’94 e 1’04 mg/.

Noticias relacionadas