Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Mércores, 29 de abril de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Auxilio a cidadáns

Sobre as 16:00 horas do día 28 de abril, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo acode a unha vivenda da rúa Quiroga xa que, segundo chamada na Sala do 092, unha persoa sufrira unha caída no interior do seu domicilio e era incapaz de moverse. Os axentes ao chegar ao lugar acceden ao interior do piso e observan a un home (nacido no ano 1963) que presenta diminución da súa mobilidade, tirado no chan do seu dormitorio, polo que proceden a auxilialo, incorporándoo e deitándoo novamente na cama, sen que, a primeira ollada, se tivera producido dano algún, rexeitando asistencia médica e quedándose un veciño a cargo desta persoa.S

Noticias relacionadas