Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Venres, 29 de xaneiro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Control normas COVID

No día de onte, 28 de xaneiro de 2021, efectivos da Policía Local de Lugo estableceron diferentes dispositivos para o control do cumprimento das novas normas da Xunta de Galicia, que entraron en vigor o día 27, para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, levantándose 31 ACTAS de denuncia por infraccións á Lei de Saúde de Galicia:

  • 10 actas de denuncia por non facer uso da máscara de protección. Propóñense sancións de 100 euros.
  • 7 actas de denuncia por realización da práctica do “botellón”.
  • 6 actas de denuncia por incumprimento das condicións dispostas para a permanencia de grupos de persoas, ao detectar non conviventes.
  • 6 actas de denuncia por entrada e saída do termo municipal de Lugo sen causa xustificada.
  • 2 actas de denuncia por circular entre as 22:00 e as 6:00 horas, sen causa xustificada. Por estas catro últimas condutas proponse sanción de 500 euros.

Detención por quebrantamento dunha orde de afastamento

Sobre as 19:17 horas do día 28 de xaneiro, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo detectan na rúa Ramón Montenegro varias persoas practicando “botellón”. Ao ser identificadas para proceder á súa denuncia, compróbase que a un dos participantes figúralle en vigor unha orde de afastamento dunha muller coa que estaba a realizar tal práctica, polo que se procede á súa detención pola comisión dun delito de quebrantamento de orde de afastamento, ofrecendo resistencia á detención e posterior traslado a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias para o Xulgado de Garda.

Delito contra a seguridade viaria

No transcurso dos filtros de seguridade para comprobar o cumprimento das normas COVID, detéctase a circulación dun vehículo que é conducido por un home que carece do permiso de condución, motivo polo cal se instrúen dilixencias por un delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, sendo tamén investigado o propietario do vehículo por cooperador necesario na comisión deste delito, sendo o vehículo trasladado polo servizo de guindastre ao Depósito Municipal, onde queda inmobilizado.

Noticias relacionadas