Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Martes, 28 de xullo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Policía Local de Lugo fóra de servizo frustra un roubo

Sobre as 15,00 horas do día 26 de xullo/20, un axente da Policía Local de Lugo que se achaba libre de servizo, cando circulaba no seu vehículo particular pola parroquia de Cuiña crúzase cunha furgoneta ocupada por un individuo que ocultara a placa de matrícula cun anaco de tea de cor negra.

Inmediatamente dá a volta e procede a perseguir o vehículo, localizándoo nun camiño de terra e á vez que poñía os feitos en coñecemento da Sala de Comunicacións do 092, trata de realizar vixilancia a distancia para observar os movementos do condutor que seguía no interior do coche.

Minutos máis tarde o condutor sae do vehículo e retira o anaco de tea que cubría a matrícula e ao decatarse da presenza do axente inicia a toda velocidade a marcha, deténdose fronte a unha das casas do barrio de Santiago de  Saa, alertando a outros dous individuos, que saen correndo do interior, introducíndose no vehículo e fuxindo do lugar a toda velocidade, recoñecendo e identificando o axente ao condutor da furgoneta por intervencións policiais anteriores.

Minutos máis tarde preséntanse axentes  uniformados accedendo ao interior da leira, comprobando como a porta de acceso principal a unha vivenda de nova construción e a doutra vivenda máis antiga atópanse forzadas e na leira hai varias ferramentas tiradas no chan, abandonadas polos individuos ao ver frustrado o roubo pola intervención do policía franco de servizo,  instruíndose dilixencias para a súa remisión ao Xulgado de Garda.

Persoa con orde de entrada en prisión

 Ás 16,45 horas do día 25 de xullo/20, acode á Xefatura da Policía local de Lugo un individuo que responde as iniciais  J. M. S, solicitando un “volante” para pernotar no Fogar do Transeúnte.

Cando o axente de servizo na Oficina de Atención ao Cidadán do Corpo  chequea os datos desta persoa descobre que ten unha Orde de entrada en prisión, polo que é entregado á Comisaría de Policía desta cidade para os efectos oportunos.

Delito contra a seguridade Viaria

Unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, nun dos controis preventivos establecidos na noite do 27 ao 28 de xullo/20, detecta ás 0,15 horas ao condutor dun vehículo que ao ser parado presenta signos evidentes de acharse  embriagado, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, arroxando estas un resultado POSITIVO de 0,73 mg/ l (triplicaba a taxa permitida), polo que se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Auxilio a cidadáns

Sobre as 1,35 horas do día 25 de xullo/20, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo observa a un individuo tombado no acceso ao portal dun edificio de  Camiño Real, comprobando os axentes que presenta signos de embriaguez.

Os axentes practícanlle os primeiros auxilios e requiren a presenza dunha ambulancia do 061 onde é trasladada a persoa, de 40 anos de idade, ao  HULA para a súa atención médica.

***************************************

Sobre as 11,55 horas do día 27 de xullo/20 unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo detecta a un home de avanzada idade deambulando pola estrada Vella de Santiago.

Os axentes comproban que esta persoa, de 84 anos, está desorientada, ten unha forte dor de cabeza e  náuseas, polo que se lle practican os primeiros auxilios, requirindo a presenza dunha ambulancia do 061 onde é trasladado ao  HULA, logrando contactar os policías cun familiar que se fai cargo desta persoa.

Noticias relacionadas