Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Martes, 28 de abril de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Ás 20’50 horas do día 23 de abril/20 unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio observa como o vehículo circula pola calzada, facéndoo a unha velocidade superior ao 25 km/ h.

Tendo en conta que o 25 km/ h é a velocidade máxima que, por deseño, non poden exceder os vehículos de mobilidade persoal ( VMP ou patinetes) e que estes non poden ter asento ou  sillín salvo que estean dotados de sistema de  autoequilibrado, é polo que proceden a dar o alto ao condutor do vehículo, o cal non presenta ningún tipo de documentación acreditativa da homologación do artefacto, ao que tampouco se lle acha a preceptiva placa do fabricante onde consten as súas características técnicas esenciais.

Á vista do exposto, tendo constancia de que non se trata dun vehículo de mobilidade persoal (que habería de circular pola beirarrúa e sen exceder o paso humano), ao non presentar a documentación referida, que aclararía se o vehículo cumpre ou non as condicións necesarias para circular por vía pública con seguridade para o propio condutor e o resto de usuarios, procédese á súa inmobilización, sendo o condutor denunciado por carecer de permiso de circulación e por non haber concertado seguro obrigatorio.

O vehículo permanecerá inmobilizado ata que o seu titular acredite que cumpre coas condicións de seguridade básicas para circular polas vías públicas, nese caso deberá ser legalizado, matriculado e asegurado. Se non se acreditan tales circunstancias só podería ser utilizado en terreos particulares.

Noticias relacionadas