Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Martes, 27 de outubro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Dispositivo para o control de patinetes eléctricos

Durante a fin de semana pasada, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, estableceron diferentes filtros de seguridade viaria para control do cumprimento da normativa aplicable aos patinetes eléctricos (Vehículos de Movilidad Persoal).

No transcurso deste dispositivo detectáronse infraccións por circular pola calzada sobre un patín eléctrico sen causa xustificada, o que supón unha sanción de 80 euros e practicáronse probas de detección alcohólica a varios condutores destes vehículos.

Na Avenida da Coruña obsérvase un patinete eléctrico que circula pola calzada, realizando diversos zig -zag, cruzando por un paso de peóns e ocupando a beirarrúa a velocidade excesiva, sendo interceptado pola patrulla policial que observa que o condutor do VMP presenta signos de embriaguez, polo que é sometido ás probas de detección alcohólica, arroxando un resultado POSITIVO de 0,53 mg/l, o que supón unha sanción de 1.000 euros.

Así mesmo detéctase que nun patín eléctrico viaxan dúas persoas pola calzada da citada Avenida, sentido Rolda da Muralla, sendo denunciado o condutor por infracción ao Regulamento Xeral de Circulación, por transportar no vehículo apuntado un número de persoas superior ao de prazas autorizadas, o que supón unha sanción de 100 euros.

Tamén os policías observan que o condutor presenta signos de embriaguez polo que é sometido ás probas de impregnación alcohólica arroxando un resultado POSITIVO de 0,82 mg/l (máis do triplo da taxa permitida), o que supón unha sanción de 1.000 euros.

Axuda humanitaria

Na tarde do día 26 de outubro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo observa que, fronte á Xefatura do Corpo, na rúa das Artes, unha muller sufrira un desmaio caendo ao chan.

Os axentes préstanlle inmediato auxilio, logrando reanimala, requirindo a presenza dunha ambulancia do 061, sendo trasladada a un centro médico da cidade, podendo saber que a causa do desmaio puido deberse a unha crise de ansiedade, da que está a tratamento.

Ruídos molestos en interior de vivenda

Ás 1:30 horas do día 27 de outubro, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo tivo que mediar nun conflito entre dous veciños da rúa Irmáns Carro, pois un deles queixábase que non podía durmir polos ladridos dun can situado na vivenda superior.

Os axentes comproban que se escoitan ruídos de actividade humana e ladridos dun can, polo que acoden á vivenda de onde proveñen, identificando ao titular, facéndolle ver que os mesmos poden molestar á veciñanza, comprobando que o animal dispoñía de microchip. Cando os axentes abandonaban o lugar, observan como ambos os veciños (denunciante e dono do can) enceréllanse nunha discusión, polo que os axentes teñen que acougar os ánimos, normalizándose a situación cando os dous veciños volven aos seus domicilios.

Noticias relacionadas