Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Venres, 26 de xuño de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Filtros de seguridade viaria

Ao detectarse circulación prohibida de vehículos pola zona peonil da Praza da Milagrosa, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo intensificaron os controis na devandita zona, formulándose, no que vai de semana, varias denuncias a condutores de vehículos particulares e de repartición que cruzan a praza sen autorización, co consecuente risco para peóns e nenos que xogan na mesma.

 A todos estes condutores abríuselles expediente sancionador con multa de 200 euros.

Durante a noite do xoves 25 ao venres 26 de xuño/20 efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo realizaron varios  filtros de seguridade viaria, formulándose denuncias por infraccións á normativa de tráfico sobre Condutores e Vehículos, sorprendendo ás 4,50 horas ao condutor dun vehículo que circulaba por  Camiño Real que foi sometido ás probas de detección alcohólica, arroxando un resultado POSITIVO de 0,45 mg/ l, polo que se inicia expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.

Noticias relacionadas