Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Mércores, 24 de febreiro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Control normas COVID-19

Na madrugada do día 23 de febreiro, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo realizaron diferentes dispositivos en vías do centro urbano, coa utilización de vehículos policiais camuflados e rotulados, para o control do cumprimento da normativa da Xunta de Galicia sobre medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, realizándose as seguintes intervencións:

Levantáronse SETE actas de denuncia por infracción á Lei de Saúde de Galicia ao detectar cinco persoas que entraran no municipio de Lugo sen xustificación e a dúas persoas que transitaban por vía pública, entre as 22:00 e as 6:00 horas, sen causa xustificada, propoñéndose sanción a cada unha delas de 500 euros.

Así mesmo, sobre as 2:00 horas observouse a presenza de dous mozos camiñando pola Praza da Constitución, que ao ser identificados comprobouse que eran menores de idade que fuxiran do Centro de Menores de Rábade, onde estaban ingresados, sendo conducidos ás dependencias da Policía Autonómica onde se fixeron cargo deles.

Ámbolos dous foron denunciados ademais por infracción á Lei de Saúde de Galicia polo incumprimento do “toque de queda”, con multas de 500 euros.

Práctica ilegal de aparcacoches

Durante os días 17 e 18 de febreiro, estableceuse un operativo especial na contorna do HULA, no que participaron efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, utilizando vehículos camuflados, para combater a práctica ilegal de aparcacoches, coñecidos popularmente como “gorrillas”. Os axentes sorprenderon a SETE persoas, todas elas homes, realizando dita práctica na calzada, indicando estacionamentos libres aos condutores, poñendo en risco a súa integridade física e ocasionando molestias e prexuízos aos usuarios da vía, sendo denunciados por infracción á Ordenanza de Circulación e á normativa de Seguridade viaria, propoñéndose sancións de 200 euros a cada un deles.

Noticias relacionadas