Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Luns, 23 de marzo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Durante a fin de semana do 20 ao 22 de marzo/20, intensificáronse os dispositivos fixos e móbiles en toda a cidade para comprobar e, no seu caso, impedir que leven a cabo os servizos e actividades suspendidas, así como velar polo cumprimento das limitacións sobre circulación de persoas e vehículos.
 
Este labor foi realizado pola Unidade Territorial de Policía de Barrio e efectivos da Unidade de Atestados do Corpo, levantándose 37 actas-denuncia por infracción á Lei de Protección da Seguridade Cidadá por incumprimentos de cidadáns ao establecido no Real Decreto que declara o Estado de Alarma.

Noticias relacionadas