Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Xoves, 22 de xullo de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Delitos contra a seguridade viaria

Sobre as 17:00 horas do día 21 de xullo un equipo da Unidade de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á Avenida das Fontiñas xa que se producira un accidente de circulación no que un vehículo en movemento causara danos a outro estacionado, dándose á fuga. Os axentes realizan unha procura e localizan o vehículo fuxido, comprobando que o condutor carece de permiso de condución tras ser privado do permiso por decisión xudicial, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, enfrontándose o condutor a unha pena de prisión de tres a seis meses ou coa de multa de doce a vinte e catro meses ou coa de traballos en beneficio da comunidade de trinta e un a noventa días.

Na madrugada do día 22 de xullo, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detecta, sobre as 4:10 horas, a condución irregular dun vehículo pola rúa Alexandre Bóveda, comprobándose que o seu condutor carecía de permiso de condución por perda de vixencia por perda total dos puntos asignados legalmente e ao ser sometido ás probas de detección alcohólica lanzou un resultado POSITIVO de 0,63 mg/l, instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido e abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, sendo retirado o vehículo polo servizo de guindastre quedando inmobilizado no Depósito Municipal.

Noticias relacionadas