Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Luns, 22 de xuño de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Establecementos públicos

 Durante as noites do venres 19 e sábado 20 de xuño/20, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo estableceron un dispositivo para o control dos horarios de peche dos locais de lecer e restauración, levantándose OITO actas por exceder, no exercicio da actividade, o límite horario establecido e por ter reprodutor de música sen autorización.

 Todos os establecementos denunciados pertencen ao Grupo I (Bar, Café-Bar, Cafetería), cuxos horarios de finalización da actividade para a fin de semana son ás 3,00 e 3,30 para cafeterías e todos eles carecen de autorización para instalación de equipos de reprodución musical.

 Os locais denunciados están situados na zona norte da cidade, zona centro e zona sur.

Detención por violencia doméstica

Sobre as 19,50 horas do día 19 de xuño/20, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, é comisionada pola Central de Comunicacións 092 para que acuda á Avenida de  Magoi xa que unha muller cunha nena de 5 anos tivera un  forcejeo co seu marido por mor da custodia da menor.

Ao chegar a patrulla o marido denuncia que a súa muller, coa que se atopa en trámites de separación, tentou secuestrar pola forza a unha das fillas de ambos, motivo polo cal se produciu o  forcejeo.

Os policías identifican ademais a varias testemuñas e ao non contar o marido con documentación procédese á súa detención por un presunto delito de violencia de xénero, xa que presuntamente agrediu á súa muller.

Unha vez trasladadas as partes a dependencias policiais, os nenos quedan ao cargo do seu avó paterno e procédese tamén á detención da muller por un delito de malos tratos no ámbito familiar e tentativa de subtracción dun menor.

Noticias relacionadas