Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Xoves, 20 de maio de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Controis de velocidade

Na semana do 10 ao 16 de maio de 2021 a Policía Local de Lugo participou na campaña activada pola DXT de vixilancia e control da velocidade, onde efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo estableceron controis en diferentes vías do centro urbano, empregando un vehículo policial dotado de cinemómetro. O obxectivo foi vixiar e garantir o cumprimento dos límites de velocidade nas rúas da cidade de Lugo e concienciar aos condutores da necesidade de adecuar a velocidade do vehículo á establecida para cada vía.

O resultado desta campaña foi o seguinte:

  • VEHÍCULOS CONTROLADOS: 1.607
  • VEHÍCULOS DENUNCIADOS: 37
  • INFRACCIÓNS CON DETRACCIÓN DE PUNTOS: 20
  • VELOCIDADE MÁXIMA CAPTADA: 99 km/h na Avenida Infanta Elena

Entre as vías onde se realizaron estes controis están: Avenida de Madrid, Rolda Muralla, Infanta Elena e Avenida Benigno Rivera.

Ruídos en interior de vivendas particulares

  • Sobre as 20:30 horas do día 19 de maio unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é requirida pola Sala do 092 para que se traslade a un edificio da rúa Montirón xa que os veciños denuncian a existencia dunha festa nunha vivenda. Os axentes identifican ao responsable, requiríndolle para que cesen as molestias, o que fai ao instante.

Ás 22:45 horas os veciños do devandito inmoble volven requirir a presenza policial xa que se iniciou outra vez a festa no mesmo domicilio, comprobando os axentes que se escoita volume moi elevado de música, acompañado de voces e palmas.

Os axentes son informados polo propietario que no interior hai oito persoas, algunhas delas non conviventes, negándolles a entrada ao seu interior, polo que os axentes fan “unha espera” no exterior do edificio ata que saíron varias persoas que foron identificadas e denunciadas por infracción á Lei de Saúde de Galicia con proposta de sanción de 500 euros por incumprir as medidas establecidas de reunión de non conviventes. O responsable da festa foi proposto para sanción por non colaborar cos axentes da autoridade por infracción grave á Lei de Saúde de Galicia e levantouse acta de denuncia por infracción á Ordenanza de Protección Ambiental.

  • Sobre as 1:20 horas do día 20 de maio recíbese unha chamada na Sala do 092 na que os veciños dun inmoble da rúa Bolaño Ribadeneira denuncian ruídos molestos que proveñen dunha vivenda. Os axentes comproban que se escoita volume elevado de música e voces de persoas en ton alto, procedendo á identificación do responsable, manifestando que non eran conscientes das molestias que ocasionaban, requiríndolle para que cesen, o que fai ao instante, levantando acta de denuncia por infracción á Ordenanza de Protección Ambiental.

Noticias relacionadas