Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Venres, 19 de xuño de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Delito contra a seguridade viaria

O equipo da Unidade de  Atesados da Policía Local de Lugo desprázase ás 8,50 horas do día 18 de xuño/20 á rúa  Caravel xa que un vehículo provocara danos a outro estacionado. Os axentes observan que o condutor presenta signos de acharse en estado de embriaguez polo que é sometido ás probas de detección alcohólica, arroxando un resultado POSITIVO de 1,08 mg/ l (máis de catro veces do permitido), instruíndose dilixencias por un delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.

Filtros de seguridade viaria

Durante a madrugada do día 19 de xuño efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local estableceron varios  filtros de seguridade viaria en diversas vías da cidade, realizando controis de alcoholemia nos que se detectou, un condutor que tras ser sometido ás probas de detección alcohólica arroxa un resultado POSITIVO de 0,53 mg/ l e outro condutor que arroxou resultado POSITIVO de 0,61 mg/ l.

Ambos os condutores foron propostos para sanción de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.

Ruídos en interior de vivendas

Na noite do 18 ao 19 de xuño/20 efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo interviñeron en vivendas por ruídos molestos producidos por actividade humana.

A primeira intervención foi ás 2,45 horas nun edificio da Praza Fonte dos Ranchos onde os veciños queixábanse dos ruídos que proviñan dunha vivenda. Os axentes comprobaron que se escoitaba volume en ton moi alto da televisión, levantando acta por infracción á Ordenanza de Protección Ambiental.

A segunda intervención produciuse ás 3,00 horas nun edificio da Avenida Marqués de  Ombreiro, onde os veciños queixábanse dos ruídos que proviñan dunha vivenda que lles imposibilitaba descansar. Os axentes comproban que se trata de actividade humana en ton moi alto, polo que requiren á inquilina para que cesen as molestias o que fai ao instante, procedendo á súa identificación e levántase acta por infracción á Ordenanza de Protección Ambiental.

Incumprimentos na situación de emerxencia sanitaria de Galicia

A noite do 18 ao 19 de xuño, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo realizaron inspeccións a varios locais da zona norte da cidade, levantándose acta nun situado na rúa García Abad por superar o aforo do 75% establecido na normativa da Xunta de Galicia sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo  COVID-19, unha vez superada a Fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.

Os axentes comproban que no interior había 24 clientes cando o permitido é 9 persoas e que se estaba levando a cabo unha festa de aniversarios.

Así mesmo inspecciónase un local da rúa Manuel María, levantándose acta por exceder, no exercicio da actividade, o límite horario establecido.

Neste caso o local debía de pechar ás 2,30 horas e os axentes comproban ás 3,20 horas que se achaba aberto ao público, con xente no interior consumindo e os camareiros estaban a servir consumicións.

Rescate de cría de ave rapaz

Sobre as 21,00 horas do 18 de xuño/20, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio proceden ao rescate dunha cría de ave rapaz  que ao parecer caera do niño en Marqués de  Ombreiro, sendo trasladada polos axentes ao Hospital  Rof  Codina para o seu coidado.

Noticias relacionadas