Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Xoves, 18 de xuño de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Auxilio a cidadáns

Sobre as 21,35 horas do día 14 de xuño/20, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo acoden a un edificio da  rúa Otero Pedrayo xa que unha persoa comunica que leva catro días sen saber nada da súa nai, a cal toma moita medicación e que cambia a fechadura das portas da vivenda por medo a que alguén entre.

Co apoio dunha dotación de Bombeiros accédese ao interior do piso por unha xanela, achando a unha señora de 65 anos deitada na cama, consciente e incapaz de moverse, polo que se require  unha ambulancia do 061 para o seu traslado ao  HULA onde queda para a súa atención médica.

Sobre as 3,10 horas do día 18 de xuño/20, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo son comisionados pola Central de Comunicacións do 092 para que se trasladen a un inmoble da Avenida da Coruña xa que unha señora é incapaz de levantar ao seu marido do chan da habitación.

Os axentes proceden de inmediato a auxiliar a esta persoa de 89 anos, levantándoo do chan e deitándoo na cama, sen que se aprecie lesión algunha e rexeitando asistencia sanitaria.

Filtros de seguridade viaria

Durante a madrugada do 18 de xuño/20, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da  Policia Local de Lugo estableceron diversos  filtros de seguridade viaria en diferentes vía da cidade, detectándose un condutor que circulaba pola avenida da Coruña acompañado das súas tres  fillas de entre 3 e 7 anos, presentando signos de inxerir bebidas alcohólicas.

Foi sometido ás probas de detección alcohólica arroxando un resultado POSITIVO de 0,42 mg/ l, o que supón unha multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.

Así mesmo tanto o condutor como outra persoa que os acompañaba no asento do copiloto, non utilizaban o cinto de seguridade correctamente abrochado, polo que foron tamén denunciados con multa de 200 euros e ademais supón para o condutor a retirada de 3 puntos do permiso de conducir.

Así mesmo comprobouse que o vehículo tiña a ITV caducada, polo que tamén foi sancionado o titular do vehículo con 200 euros.

Os axentes prestaron especial atención á situación das nenas, comprobando que se achaban en bo estado e estaban tranquilas, requirindo a presenza dun taxi para que fosen trasladadas ao seu domicilio, quedando o vehículo inmobilizado.

Controis de velocidade

Durante o día de onte estableceuse un control de velocidade na Rolda do Carmen, vía onde se detectou un incremento da  siniestrabilidad por altas velocidades, sendo controlados 143 vehículos e sancionados 20 condutores, levando 8 denuncias a retirada de entre 2 e 4 puntos do permiso de condución, sendo a velocidade máis alta detectada de 86 km/ h nunha vía limitada a 50 km/ h.

Noticias relacionadas