Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Xoves, 16 de setembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Detención por atentado a axente da autoridade

Sobre as 5:10 horas do día 16 de setembro, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, que realizaba servizo de vixilancia pola Praza da Constitución, é requirida por un mozo que aparentemente se atopa baixo os efectos de substancias estupefacientes, podendo observar que había un po esbrancuxado sobre o seu teléfono móbil, que portaba na man. Os axentes proceden a solicitarlle a súa documentación, negándose a iso e repentinamente propínalle un golpe no peito a un dos policías, proferindo insultos e ameazas graves, sendo inmobilizado e trasladado a un centro de saúde para que fose examinado e, a continuación, a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias por un delito de atentado, resistencia e desobediencia a axentes da autoridade.

Recuperación de vehículo subtraído

Sobre as 23:00 horas do día 15 de setembro, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo localizou na parroquia de Santiago de Meilán, nunha zona de maleza de difícil acceso, unha furgoneta que, unha vez comprobado nas bases de datos policiais, figuraba como subtraída dando coñecemento á Comisaría de Policía e ao seu propietario.

Filtros de seguridade viaria

Durante a madrugada do día 16 de setembro, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo estableceron diversos controis de alcoholemia en vías do centro urbano, detectando un condutor cunha taxa de alcol de 0,80 mg/l, o que supón a instrución de dilixencias por delito contra a seguridade viaria e a súa citación para Xuízo Rápido e outro condutor cunha taxa de alcol de 0,62 mg/l, ao que se lle abriu expediente sancionador con 1.000 euros de multa e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.

Noticias relacionadas