Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Martes, 15 de decembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Desaloxo e peche dun local de hostalería

Desde principios do mes de xullo do ano 2020, no que por Decreto de Alcaldía acordábase o peche de varios establecementos de hostalería  da cidade pola acumulación de infraccións detectadas, efectivos da Policía Local de Lugo realizaron un seguimento para controlar o cumprimento destas medidas, detectando na mañá do día 14 de decembro de 2020 que un local situado na  rúa Río Avia, o cal tiña decretado peche e suspensión de actividade por carencia de título  habilitante, achábase aberto ao público.

Os axentes comproban ademais que estaban colocados tres carteis no exterior do local indicando que estaba aberto desde as 8,30 horas todos os días da semana.

Que os axentes proceden á identificación da responsable do establecemento, a cal non mostra licenza de apertura, polo cal se ordena o desaloxo e o seu peche, o que se fai ao instante, sen ningún tipo de incidencia, quedando precintado ata que dispoña da preceptiva licenza municipal.

Control normas  COVID

Efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo levantaron dúas actas de denuncia por infracción á Lei de Saúde de Galicia ao sorprender a dúas persoas que transitaban pola Rolda dás  Foniñas sen facer uso da máscara de protección.

Noticias relacionadas