Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Xoves, 15 de xullo de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Incendio no poboado de O Carqueixo

Sobre as 16:10 horas do día 14 de xullo patrullas da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo son comisionadas pola Sala do 092 para que acudan ao poboado de O Carqueixo xa que se producira un incendio.

Os axentes comproban que se incendiaron intencionadamente varios pneumáticos para posteriormente recuperar os discos e proceder á súa venda, polo que se require a presenza do Servizo de Bombeiros que proceden á extinción do incendio. Así mesmo procedeuse a requirir a presenza da empresa Urbaser que procedeu á retirada dos pneumáticos máis próximos á estrada de Bóveda pola súa alta facilidade de combustión e consecuente contaminación ambiental.

Por parte de efectivos de Policía Local como de Policía Nacional fanse investigacións para proceder á identificación da persoa ou persoas presuntas autores destes feitos.

Control normas COVID

Sobre as 20:55 horas do día 14 de xullo, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo procederon a disolver un grupo de mozos que se achaban realizando “botellón” na zona do Carmen, levantándose actas de denuncia a dous mozos de 18 anos de idade por infracción á Lei de Saúde de Galicia, que levan aparelladas multas de 500 euros para cada un deles.

Multimedia

  • Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Noticias relacionadas