Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Mércores, 14 de outubro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Campaña vixilancia e control de camións e autobuses no centro urbano

A Policía Local de Lugo únese á campaña especial activada pola DXT sobre vixilancia e control de camións e autobuses, que levará a cabo do 12 ao 18 de outubro de 2020, prestando especial atención a:

  • Control de alcol e drogas
  • Irregularidade ou mal estiba de carga
  • Documentación de condutor, cargador, transportista e vehículo
  • Cinto de seguridade
  • Exceso de velocidade
  • Etc…

Para a detección destas infraccións, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, establecerán  filtros de seguridade viaria, utilizando vehículos policiais  rotulados e/ou camuflados.

No primeiro día de campaña denunciáronse 8 camións por non presentar o vehículo á inspección técnica periódica, no prazo debido, o que supón unha sanción de 200 euros; 4 denuncias a condutores por non utilizar o cinto de seguridade, o que supón unha sanción de 200 euros e a retirada de 3 puntos do permiso de condución e 3 denuncias por circular sen que conste que o propietario do vehículo teña subscrito e manteña en vigor un contrato de seguro que cubra a responsabilidade civil derivada da súa circulación, o que supón unha sanción de 2.800 euros, inmobilizándose un camión por este concepto no polígono industrial do Ceao.

Noticias relacionadas