Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Mércores, 14 de abril de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Control normas COVID

No día de onte 13 de abril, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio estableceron diferentes filtros de seguridade para o control da normativa da Xunta sobre medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, levantándose 18 actas de denuncia polas seguintes infraccións á Lei de Saúde de Galicia:

  • 13 actas de denuncia por transitar entre as 22:00 e as 6:00 sen causa xustificada. Proponse sanción de 500 euros.
  • 4 actas de denuncia por non facer uso da máscara. Proponse sanción de 100 euros.
  • 1 acta de denuncia por quebrantamento do horario de peche comercial. Proponse sanción de 500 euros.

Así mesmo sobre as 4:00 horas do día 14 de abril sorpréndese a un condutor que é sometido ás probas de detección alcohólica lanzando un resultado POSITIVO de 0,53 mg/l, polo que se abre expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, sendo ademais denunciado por infracción á Lei de Saúde de Galicia por quebrantar o toque de queda.

Auxilio á cidadanía

Sobre as 12:50 horas do día 13 de abril unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio é comisionada pola Sala do 092 para que acuda a unha vivenda da rúa Doutor Balanza xa que unha persoa de avanzada idade caera no seu interior e non era capaz de levantarse. Os axentes son recibidos por familiares desta persoa, a cal estaba tirada no chan da cociña e non podían incorporala, procedendo os axentes a trasladala ata o seu dormitorio e deitala na cama, manifestando que non sufrira ferida algunha e rexeitando asistencia médica, quedando ao cargo da súa familia.

Sobre as 16:20 horas do mesmo día unha patrulla acode a un domicilio para colaborar cunha dotación do 061, xa que unha muller atopábase mal debido á inxesta de alcol e se negaba a tomar un tratamento prescrito polo seu facultativo. Os axentes auxilian inicialmente á devandita persoa, sendo trasladada nunha ambulancia do 061 ao HULA para a súa atención médica.

Ás 22:00 horas do mesmo día unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade á rúa Orquídea xa que ao parecer unha persoa que merodeaba pola zona introducírase nunha casa abandonada, temendo que puidese acender lume coa madeira alí existente. Os axentes descobren a un home de 40 anos que estaba deitado no chan dunha casa en ruínas, manifestando que tiña frío, que non tiña medios económicos e que quería pernoitar na casa, polo que foi trasladado ao Fogar do Transeúnte onde pasou a noite.

Noticias relacionadas