Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Mércores, 12 de agosto de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Queima de electrodomésticos no Poboado de Nazaret

 Ás 22’15 horas do luns día 11 de agosto, recíbese un aviso na Sala do 092 sobre varios focos de incendio nas inmediacións do Poboado de  Nazaret. Trasládase ao lugar unha patrulla da Unidade Operativa Nocturna, que colabora co Servizo de Extinción de Incendios durante os labores para apagar o foco máis importante, no que se queimaban uns vinte electrodomésticos, mentres que o outro punto afectado extinguíase só, por efecto da choiva.

A patrulla policial aproveitou a presenza do Servizo de Bombeiros no lugar para que se procedese á retirada da rama dunha árbore, que se rompeu e obstaculizaba o paso de vehículos pola estrada.

Retirada de niño de velutinas

 Ás 18’10 horas do luns día 11 de agosto, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio trasladouse a cálea Juana a Tola, en compañía dunha dotación do Servizo de Bombeiros, para proceder á retirada dun niño de velutinas que se instalou na cornixa dun edificio.

Foi necesario cortar o tráfico rodado nun dos sentidos de circulación para asegurar que os Bombeiros puidesen realizar os labores de retirada coas medidas de seguridade necesarias xa que, ademais do niño de velutinas, procederon á retirada de varias laxas do tellado que presentaban perigo de caída sobre a vía pública.

Auxilio a persoa desvalida

 Ás 20’10 horas do día 11 recíbese requirimento, na Sala do 092, no que a persoa que una das asistentas a domicilio que xestiona o Concello de Lugo manifesta non poder acceder á vivenda dunha anciá, que reside en cálea Lamas de Prado, á que escoitaba gritar desde o exterior, tratándose dunha muller inválida que sempre se atopaba acompañada do seu marido.

Foi necesaria a colaboración dos Bombeiros, para poder acceder ao domicilio desde unha das xanelas da vivenda, comprobando posteriormente que a muller se atopaba, aparentemente, en bo estado, achándose soa nese momento xa que, como se puido pescudar con posterioridade, o seu marido ausentouse coa súa filla e, como consecuencia dunha avaría na súa segunda residencia, tardara máis do normal en regresar.

Auxilio a persoa afectada por intoxicación etílica en vía pública

Ás 19’50 horas do día 10 de agosto, o Servizo 061 reclama apoio dunha dotación policial na  Avd. da Coruña, onde os sanitarios atópanse actuando cunha muller, de 40 anos de idade, que presentaba signos de atoparse baixo os efectos do alcol e estábase comportando de forma violenta cos presentes, tentando mesmo chegar á agresión, facilitando os axentes da Unidade Territorial de Policía de Barrio que puidese ser introducida na ambulancia con seguridade para o seu traslado ao Hospital Universitario  Lucus  Augusti.

Noticias relacionadas