Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Venres, 12 de febreiro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Delito contra a seguridade viaria

Sobre as 16:00 horas do día 5 de febreiro de 2021, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo crúzase cun vehículo na avenida da Coruña, ocupado por un home como condutor e ao seu lado unha muller de acompañante, observando que o vehículo non leva colocado o distintivo de inspección técnica periódica no parabrisas, accedendo a unha gasolineira alí situada.

Co fin de identificar ao condutor e comprobar se pasara ITV no prazo debido, o indicativo policial dá a volta e cando detén o vehículo, que xa saíra da gasolineira, comproba que a condutora é a muller, que anteriormente ía de acompañante e o condutor agora ocupaba o posto da muller. Ao solicitar a documentación de ambos, compróbase que o home CARECE DE PERMISO DE CONDUCIR por non obtelo nunca, polo que ao detectar a presenza da patrulla policial accedeu rapidamente á gasolineira para “cambiarse” coa muller como condutora, que si presenta permiso, achegándose ao atestado policial a gravación das cámaras de seguridade da gasolineira.

Así mesmo compróbase que o vehículo ten a ITV caducada desde o mes de marzo de 2018 e carece de seguro obrigatorio desde o mes de marzo do ano 2019. Por tal motivo instrúense dilixencias por un delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido, enfrontándose o home a unha pena de prisión de tres a seis meses ou coa de multa de doce a vinte e catro meses ou coa de traballos en beneficio da comunidade de trinta e un a noventa días.

Pola carencia do SOA ábrese expediente sancionador de 1.500 euros e por ter a ITV caducada de 200 euros, quedando o vehículo inmobilizado.

Filtros de seguridade viaria

No día de onte, 11 de febreiro, por efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, co apoio dun equipo de Atestados do Corpo, estableceuse de novo, na zona do polígono industrial do Ceao, dispositivos especiais de vixilancia e control de vehículos de repartición de mercadorías e camións, controlándose un total de 34 furgonetas e 17 camións, detectando DOUS condutores de repartición con presenza de drogas no organismo ao dar POSITIVO en THC nos correspondentes test de drogas aos que foron sometidos, abríndose a cada un deles expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.

Así mesmo detectáronse 5 vehículos de repartición de mercadorías cuxos titulares non os presentaban á Inspección Técnica Periódica no prazo debido, polo que se enfrontan a unha sanción de 200 euros.

Tamén foi denunciado un condutor dunha furgoneta de repartición por conducir utilizando auriculares conectados a un aparello reprodutor de son, polo que se abre expediente sancionador con multa de 200 euros e a retirada de 3 puntos do permiso de condución.

Resumo dispositivos especiais de seguridade viaria

Nos dispositivos establecidos o mércores 10 e o xoves 11 detectáronse CATRO condutores de vehículo de repartición de mercadorías con presenza de drogas no organismo, 11 vehículos foron denunciados por non presentar os seus titulares á Inspección Técnica periódica os vehículos e un condutor foi denunciado por conducir utilizando auriculares conectados a un reprodutor de son.

Noticias relacionadas