Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Mércores, 11 de novembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Delito de violencia de xénero

Sobre as 00:05 horas do día 11 de novembro unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que se traslade a unha vivenda da rúa Reiseñor, xa que ao parecer recibiuse unha chamada telefónica na que se escoitaba a unha muller e a un neno chorando e a un home discutindo e acto seguido colga o teléfono, chamando o operador da Sala do 092 novamente e contactando coa muller a que lle manifesta que discutira coa súa parella e que a agredía.

Inmediatamente trasládase ao lugar un indicativo policial que é recibido pola muller, a que manifesta que discutiu coa súa parella e no momento da discusión o home propinoulle unhas labazadas, agarrouna dos pelos e insultouna, todo isto diante do fillo de ambos de 3 anos de idade, entrando os axentes no domicilio e observando que o home se achaba no salón sentado no sofá, polo que se procede á súa detención por un presunto delito de violencia de xénero, informándolle dos seus dereitos e os motivos da devandita detención, manifestando que discutira coa súa parella de forma acalorada.

A pesar de que a muller presentaba a parte dereita da cara inchada e cun negrón, rexeita asistencia sanitaria, sendo trasladado o home a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias para o Xulgado correspondente.

Axuda humanitaria

Sobre as 13:20 do 9 de novembro, persoal do Hospital de Calde solicita axuda a través da Sala do 092 da Policía Local para a localización dun paciente que abandonara o centro. Unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio localízao na rúa San Roque fronte á capela, vestindo pezas do propio Hospital. Os axentes trasladan a esta persoa, no propio vehículo patrulla, ao citado centro médico quedando a cargo do persoal facultativo.

Así mesmo, sobre as 18:25 horas do día 10 de novembro, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo acha no Paseo do Rato a un home de 65 anos totalmente desorientado. Uns viandantes manifestan aos axentes que esta persoa caeuse dúas veces cando paseaba pola zona, manifestando o home que se atopa a tratamento e que sofre mareos, rexeitando asistencia sanitaria. Os axentes, no vehículo patrulla, trasladan a esta persoa ata o seu domicilio, quedando ao coidado da súa familia.

Noticias relacionadas