Comunicado de prensa da Policia Local de Lugo

Inspección en local de hostalería

Venres, 22 de outubro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Na madrugada do domingo día 17 de outubro, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, realizaron inspección nun local de lecer nocturno situado en cálea Catedral, dado que veciños da zona queixábanse dos continuos ruídos que proviñan do local que imposibilitaban o descanso.

            Os axentes, tras identificar o responsable do establecemento, levantaron NOVE actas de denuncias polas seguintes infraccións á Lei de Saúde de Galicia:

 

-           O establecemento non dispón de ningún tipo de procedementos nin medios para controlar que a capacidade máxima interior non sexa superada.

-           Non achega documentación acreditativa onde reflicta o cálculo da capacidade de aforo máxima respecto á superficie dispoñible.

-           Consumo de bebidas en barra, sen máscara e sen respectar a distancia de seguridade.

-           Non adoptar ningunha medida organizativa no local para garantir a distancia de seguridade entre os clientes tales como un itinerario de circulación diferenciado para entrar e saír.

-           Non utilización de máscara de protección por parte dos traballadores nin distancia de seguridade.

-           Carencia de rexistro de clientes que inclúa o nome e apelidos, hora de entrada e número de teléfono de cada usuario ao acceder ao interior.

-           Non dispón de medidor de CO2.

-           Carencia de persoal controlador de accesos.

-           Superación de aforo.

 

            Por cada unha destas infraccións propúxose sanción de 500 euros. Ante tales incumprimentos os axentes proceden ao desaloxo do local que se realizou sen incidentes.

 

            Ruídos en interior de vivendas

 

            Durante a noite do 21 ao 22 de outubro/21, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo interviñeron en catro pisos por queixas de ruídos.

            A primeira intervención produciuse ás 23,05 horas  cando a patrulla foi comisionada pola Sala do 092 para que acudise a un edificio de Ronda das Fontiñas xa que os veciños queixábanse dos ruídos que proviñan dunha vivenda.

            Os axentes comproban que se está levando a cabo unha festa, escoitándose música en ton alto, berros e voces de mozas, procedendo á identificación do responsable, o cal manifestou que estaban reunidos uns amigos e despistáronse coa hora, sendo requiridos para que cesen na actividade, o que fixeron ao instante, levantándose acta de denuncia por infracción á Ordenanza de Protección Ambiental.

 

            A segunda produciuse ás 00,05 horas nunha vivenda da rúa Nicomedes Pastor Díaz onde os axentes acoden pola celebración dunha festa que causaba graves molestias á veciñanza, procedendo á identificación do responsable que manifestou que estaba reunido cuns amigos e que non eran conscientes das molestias que causaban, desaloxando a vivenda e levantándose acta de denuncia por infracción á Ordenanza de Protección Ambiental.

 

            A terceira intervención produciuse ás 1,00 horas nunha vivenda da Rúa Nova xa que se estaba levando a cabo unha festa, con música en ton alto, tendo as xanelas abertas, perturbando o descanso dos veciños do inmoble e os lindeiros.

            Identifícase ao responsable, requiríndoo para que cesen nas molestias, o que accede ao instante, levantándose acta de denuncia por infracción á Ordenanza de Protección Ambiental.

 

            A cuarta realízase nunha vivenda da Rúa Agro da Torna, onde os axentes comproban que se está celebrando unha festa que perturba o descanso dos veciños, sendo identificado o responsable e requirido para que cesen as molestias, o que fai ao instante, levantándose acta de denuncia por infracción á Ordenanza de Protección Ambiental.

 

            Auxilio a un cidadán

 

            Sobre as 13,40 horas do día 20 de outubro/21 unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo observa como na  rúa Raíña áchase un home tombado no chan, sendo atendido por un profesional sanitario fóra de servizo, posiblemente por unha baixada de tensión.

            Os axentes solicitaron a presenza dunha ambulancia do 061, cuxa dotación sanitaria atendeu a esta persoa de 65 anos de idade..

 

Noticias relacionadas