Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Xoves, 10 de decembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Control medidas COVID-19

Durante o día 8 de decembro, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo intensificaron os controis para comprobar o cumprimento das medidas establecidas pola Xunta de Galicia para facer fronte ao COVID-19, levantando VINTE E NOVE actas de denuncia polos seguintes incumprimentos:

Local de hostalería aberto fóra de horario con 14 persoas no interior celebrando unha festa de aniversario, levantándose as seguintes actas:

  • 14 actas de denuncia por infracción á Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá, a outras tantas persoas NON CONVIVENTES que se achaban no interior dun establecemento de hostalería da rúa Ramiro Rueda celebrando unha festa de aniversario, cando existe unha limitación de permanencia de grupos de persoas en espazos públicos ou privados non superior a 4 persoas, agás que se trate de conviventes. Multas de 601 a 30.000 euros.
  • 1 acta de denuncia por infracción á Lei de Saúde de Galicia, ao responsable do establecemento, por incumprir o horario de peche fixado para o municipio de Lugo ás 17:00 horas, pois o local estaba aberto ás 18:00 horas.
  • 1 acta de denuncia por infracción á Lei de Protección da Seguridade Cidadá, ao responsable do local, por falta de respecto e consideración aos axentes da autoridade no exercicio das súas funcións, dificultando a actuación policial e incitando aos asistentes para que non se identificasen.

Incumprimento de prohibición de entrada e saída do termo municipal de Lugo:

  • 6 actas de denuncia por infracción á Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá. Multas de 601 a 30.000 euros.

Incumprimento por circular por vía pública, entre as 23:00 e as 6:00 horas, sen acharse incluído en ningunha das causas de excepción establecidas no Real Decreto 926/20:

  • 6 actas de denuncia por infracción á Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá. Multas de 601 a 30.000 euros

Non usar máscara de protección:

  • 1 acta de denuncia por infracción á Lei de Saúde de Galicia.

Noticias relacionadas