Comunicado de Prensa da Policía Local de Lugo

Servicios destacados durante a fin de semana do 21 ao 23 de febreiro/20

Luns, 24 de febreiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de Prensa da Policía Local de Lugo

Efectivos da Unidade de Atestados e da Unidade Territorial de Policía de Barrio interviñeron nos seguintes delitos contra a seguridade viaria

  • Ás 2,30 horas do día 22 de febreiro prodúcese un accidente de circulación en Camiño Real. Un turismo impacta contra un estacionado desprazándoo ata quedar parcialmente sobre a beirarrúa. O condutor do turismo presenta síntomas de embriaguez polo que é sometido ás probas de detección alcohólica arroxando un resultado POSITIVO de 1,22 mg/ l (cinco veces máis do permitido). Instrúense dilixencias por delito contra a seguridade viaria.
  • Ás 6,30 horas do día 23 de febreiro prodúcese un accidente de circulación na rúa Santiago onde un vehículo choca contra CATRO vehículos estacionados. O condutor presenta síntomas de embriaguez sendo sometido ás probas de detección alcohólica, arroxando un resultado POSITIVO de 0,89 mg/ l (case catro veces máis do permitido), instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria.
  • Ás 7,35 do día 23 de febreiro prodúcese un accidente de circulación na rotonda Aller Ulloa Ramón María no que un vehículo causa danos na sinalización e é sometido nun primeiro momento a unha proba de mostraxe para a detección alcohólica por unha patrulla da Garda Civil que pasaba polo lugar, arroxando un resultado POSITIVO de 0,69 mg/ l. Ao comparecer unha patrulla de Policía Local e requirirlle para someterse ás probas regulamentarias, o condutor NÉGASE de forma reiterada e expresa á realización das mesmas, polo que é investigado por un delito contra a seguridade viaria tendo en conta que o vixente Código penal castiga ao condutor que, requirido por un axente da autoridade, negar a someterse ás probas legalmente establecidas par a comprobación das taxas de alcoholemia e a presenza de drogas, con penas de PRISIÓN de seis meses a un ano e privación do dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata catro anos.

Intervencións da Unidade de Atestados en accidentes de circulación ocorridos no centro urbano

Día 21

  • 14,30 horas. Accidente de circulación na Praza de Augas Férreas. Dous vehículos implicados. Danos materiais.
  • 15,45 horas. Accidente de circulación na rúa Castelao. Vehículo estacionado que presenta danos no lateral esquerdo e que o autor se ausentou do lugar.
  • 18,50 horas. Accidente de circulación na Av. Da Coruña. Dous vehículos implicados (motocicleta e turismo). Ambos os condutores foron trasladados ao HULA.

Día 22

  • 19,50 horas. Accidente de circulación en cálea Álamo. Un vehículo atropela a un can que morre no acto.

Día 23

  • 1,30 horas. Accidente de circulación na rúa Cantigas e Flores. Dous vehículos implicados. Danos materiais.
  • 16,45 horas. Accidente de circulación na rúa Julia Minguillón. Dous vehículos implicados. Danos materiais.
  • 20,00 horas. Accidente de circulación na rúa Galicia confluencia con Jacinto Calvo. Dous vehículos implicados. Danos materiais.

Filtros de seguridade viaria

Durante a fin de semana leváronse a cabo diversos filtros de seguridade viaria, detectándose un vehículo sobre o que pesaba un mandamento de procura e captura por embargo. Foi retirado polo guindastre ao depósito municipal onde queda PRECINTADO. Así mesmo establecéronse controis de velocidade, denunciando a 17 condutores por pasar a velocidade máxima establecida para estas vías (50 km/ h), sendo a velocidade máis alta detectada 89 km/ h, o que supón unha multa de 400 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de conducir.

Intervención por presunta agresión en vía pública

Na madrugada do día 22 de febreiro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio identifica a un home que, con claros síntomas de embriaguez, maniféstalles que tres individuos de etnia xitana convídanlle a ir a unha vivenda para tomar “unhas copas”, sendo agredido no portal por estes. Indica que lle roubaron unha riñonera e o teléfono móbil. Os axentes prestáronlle auxilio trasladándoo ao PAC de Finxiu e conducido a dependencias policiais para formalizar a correspondente denuncia.

Axuda humanitaria

O día 21 de febreiro ás 7,40 horas unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio auxilia a un cidadán que se achaba durmindo nos soportais da Praza Maior, os axentes ao comprobar que se achaba ben lle ofrecen a posibilidade de trasladalo ao Hogar do Transeúnte para durmir.

Ás 20,00 horas do mesmo día auxíliase a unha persoa que na Xefatura do Corpo, no momento de expedirlle autorización para pernoitar no Hogar do Transeúnte, sofre un mareo e está a piques de esborrallarse ao chan, sendo axudado polo axente de servizo na Oficina de Atención ao Cidadán, requirindo unha ambulancia do 061, sendo trasladada esta persoa ao PAC de Finxiu.

Ás 23,30 horas do día 22 de febreiro, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Unidade de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo observa que na rúa Nicomedes Pastor Díaz hai unha persoa tirada na beirarrúa. Os axentes proporciónanlle os primeiros auxilios, colocándoo en posición lateral de seguridade, tratándose dunha muller que manifesta que lle doe moito a cabeza, estando a tratamento psicolóxico e que deixara de tomar a medicación. Requírese a presenza dunha ambulancia do 061, sendo evacuada ao HULA para a súa atención médica.

Ás 2,45 horas do mesmo día unha patrulla policial auxilia a unha moza que se achaba tirada no paseo Vila de Foz, presentando unha intoxicación etílica. Foi requirida a presenza dunha ambulancia para o seu traslado ao HULA.

Intervención en materia de tráfico

Continuando coa campaña de detección de vehículos estranxeiros con irregularidades, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio observaron a circulación dunha furgoneta con placas de exportación dos Países Baixos.

Dita placa habilita exclusivamente ao comprador para trasladar o vehículo ata o país de destino onde debe ser regulamentariamente matriculado.

Esta placa estaba caducada desde o 30 de xaneiro polo que o vehículo carece de toda autorización para circular, así como SOA.

O vehículo foi retirado polo guindastre inmobilizándose no Depósito Municipal ata que o propietario regularice a situación do mesmo.

Noticias relacionadas