Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Luns, 09 de novembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Accidentes de circulación ocorridos no centro urbano na fin de semana do 6 ao 8 de novembro

Día 6

  • 16,30 horas. Accidente de circulación en Rolda Fontiñas. Dous vehículos implicados por alcance. Danos materiais
  •  20,00 horas. Alcance múltiple na rúa Miguel de Cervantes. Tres vehículos implicados no que o condutor dun turismo sofre un descoido e choca con outro vehículo e este á súa vez contra outro detido nun semáforo
  •  23,30 horas. O equipo de Atestados da Policía Local de Lugo desprázase á rúa Tino  Grandio confluencia coa de Pintor Semana xa que ao parecer produciuse un accidente de circulación.Á chegada ao lugar os axentes comproban que dous vehículos chocaran na confluencia e como consecuencia do desprazamento destes causaran danos a tres vehículos estacionados e na fachada do número 15 da rúa Luís Seoane. Practicadas as probas de alcoholemia, o presunto responsable do accidente arroxa un resultado POSITIVO de 0,57 mg/l, polo que se abre expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución

Día 7

  • 23,00 horas. Accidente de circulación en Ronda das Fontiñas con Carril dos Indios. Colisión de dous vehículos, resultando tamén con danos un vehículo estacionado. Practícanse probas de alcoholemia, arroxando o condutor presunto responsable do accidente, un resultado POSITIVO de 0,94 mg/l (case catro veces a taxa máxima permitida), polo que se instrúen dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido

Día 8

  • 11,45 horas. Accidente de circulación na confluencia das rúas Santo Graal e Angello  Colocci. Dous vehículos implicados con resultado de danos materiais
  • 16,20 horas. Accidente de circulación en rúa dos Gardas. Dous vehículos implicados, con resultado de danos materiais
  • 19,00 horas. Accidente de circulación en rúa San Eufrasio. Dous vehículos implicados. Danos materiais

Control medidas COVID-19

A noite do venres ao sábado 7 de novembro/20, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo levantaron DÚAS actas denuncia por infracción á Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá, ao detectar a dúas persoas que transitaban pola vía pública, despois das 23,00 horas, sen xustificar a causa do incumprimento da limitación de circulación imposta polo Goberno da Nación como consecuencia da declaración do Estado de Alarma, supoñendo unha multa de entre 600 e 30.000 euros ao ser considerada infracción Grave.

Así mesmo durante o sábado día 7 levantáronse CATRO actas denuncia por infracción á Lei de Saúde de Galicia ao detectarse transitando pola vía pública outras tantas persoas que non facían uso da máscara de protección.

As infraccións foron detectadas en  Camiño Real e en Avenida da Coruña. Nesta última vía a persoa denunciada achábase sen máscara, tosendo e molestando aos viandantes nunha zona de notable tránsito peonil.

Axuda humanitaria

O día 7 de novembro de 2020, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo acode, sobre as 1,10 horas, a unha vivenda da rúa Otero Besteiro xa que unha persoa solicita axuda para levantar á súa nai que se caeu no interior da vivenda e non a podía incorporar.

Os axentes comproban que a señora de 87 anos estaba tirada no baño, sendo auxiliada, levantándoa e conducíndoa ao seu dormitorio, rexeitando asistencia médica e quedando ao coidado da súa familia.

Ás 20 horas do mesmo día unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio acode a unha vivenda da rúa Manuel María xa que unha persoa de avanzada idade caeuse no interior do seu domicilio e o familiar que a estaba atendendo non podía levantala.

Os axentes comproban que se trata dunha persoa de 93 anos, caída no corredor, axudándoa a incorporarse, manifestando que se atopaba ben e que non desexaba asistencia facultativa, quedando ao cargo da familia.

Noticias relacionadas