Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Martes, 09 de xuño de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Axentes da Unidade de Atestados da Policía Local prestaron, esta mañá, auxilio a unha muller que deambulaba espida pola vía pública.

Pasadas as 09:30 horas recíbense diversas chamadas na Sala 092 informando de que circulaba pola Rolda das Fontiñas unha rapaza completamente espida, que se desprazaba en dirección á Avenida de Madrid.

Que ao observar a presenza policial a moza iniciou a fuxida á carreira, introducíndose polo carril Entrerrúas, sendo alcanzada posteriormente polos axentes.

Que, pese a que nun primeiro momento amosouse reticente á actuación policial, logo de iniciar unha conversa con ela, estivo colaborativa en todo momento cos actuantes, que lograron calmala, cubríndoa coa manta térmica de dotación do vehículo policial, e introducila no furgón de atestados, manifestando esta que “ía na procura do seu amor”, que “era amiga de Deus” e que “era libre”.

Que aos poucos minutos de localizar á viandante compareceu no lugar un familiar, quen indicou que a muller se atopaba a tratamento psiquiátrico téndose desestabilizado moito debido ao confinamento motivado polo presente Estado de Alarma.

Ao achegarse tamén unha dotación do Corpo Nacional de Policía cunha compoñente feminina, solicitouse a colaboración da mesma para que fose dita axente a que realizara o acompañamento da muller durante o seu traslado ao servizo de urxencias do Hula.

Noticias relacionadas