Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Venres, 09 de abril de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Delito contra a seguridade viaria

Sobre as 14:10 horas do día 8 de abril, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, de servizo nas inmediacións dun centro escolar da cidade, dá o alto á condutora dun vehículo que transporta aos seus dous fillos menores de idade, que os acababa de recoller do colexio.

Ao solicitarlle o seu permiso de conducir, manifesta que non o leva consigo polo que se realizan comprobacións de identidade a través das bases de datos policiais, detectando que dita condutora CARECE DE PERMISO DE CONDUCIR por non obtelo nunca.

Nestes momentos fai acto de presenza a parella da condutora que se fai cargo dos nenos, sendo trasladada ás dependencias da Unidade de Atestados da Xefatura da Policía Local onde se instrúen dilixencias como investigada por DELITO CONTRA A SEGURIDADE VIARIA, na modalidade de Xuízo Rápido.

Esta condutora enfróntase a pena de prisión de tres a seis meses ou coa de multa de doce a vinte e catro meses ou coa de traballos en beneficio da comunidade de trinta e un a noventa días.

Axuda á cidadanía

Sobre as 14:40 horas do día 8 de abril unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio é comisionada pola Sala do 092 para que se despracen á rúa Armórica xa que unha persoa de avanzada idade está desorientada. Os policías achan a unha muller de 78 anos, temblorosa, sen que lembrase nin por onde tiña que regresar á súa casa, nin en que dirección estaba a vivenda, polo que se lle atopa o seu DNI onde figura o seu domicilio onde é trasladada pola patrulla policial, localizando o teléfono dunha familiar á que informaron da situación na que se encontra esta persoa, rexeitando calquera asistencia médica, poñendo os feitos en coñecemento dos Servizos Sociais.

Sobre as 19:30 horas unha patrulla policial acode a un edificio dunha rúa da cidade xa que unha señora estaba moi preocupada pois dentro da vivenda estaba o seu fillo de 14 anos e non era capaz de entrar no domicilio, temendo que puidese pasarlle algo grave.

Os axentes, coa autorización da dona do piso, forzaron a porta de entrada accedendo ao seu interior onde acharon ao rapaz deitado na cama e durmido profundamente, polo que non escoitara as chamadas da súa nai, finalizando o servizo sen outra novidade.

Noticias relacionadas