Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Mércores, 07 de abril de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

O pasado 18 de decembro de 2020 unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo acode á Avenida da Coruña onde se produciu un accidente de circulación no que estaban implicados dous vehículos. Os axentes realizan probas de detección alcohólica, resultando un dos condutores POSITIVO, abríndose expediente sancionador por este motivo e tamén por non presentar o vehículo a inspección técnica no prazo debido e por ter o permiso de condución caducado.

O 31 de marzo de 2021 pescúdase que este condutor identificouse cun permiso de conducir do seu irmán, falecido no ano 2015, comprobando ademais que CARECE DE PERMISO DE CONDUCIÓN, polo que utilizaba o do seu irmán falecido para conducir vehículos.

Por todo iso, instrúense dilixencias por un delito de usurpación de identidade, castigado no Código penal coa pena de prisión de seis meses a tres anos e por un delito contra a seguridade viaria pola carencia do permiso de condución.

Ademais ábrense expedientes sancionadores por lanzar un resultado positivo nas probas de detección alcohólica e por ITV caducada. Destes feitos dáse coñecemento á Policía Nacional para que se investigue se esta persoa utilizou o documento do seu irmán falecido noutros trámites.

Festa en interior de domicilio

Sobre as 1:45 horas do día 2 de abril unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda a un edificio da rúa Serra Gañidoira, xa que os veciños denuncian ruídos que proveñen dunha vivenda, que lles imposibilita conciliar o soño.

Os axentes escoitan volume alto de música desde a vía pública e voces de persoas en actitude festiva polo que, para tratar de identificar ao responsable, chaman á porta, momento no que cesa a música e as persoas que hai no interior falan en ton baixo, non respondendo as chamadas dos policías, escoitando claramente como se dirixían a unha persoa polo seu nome.

Os veciños informan que é habitual que durante as fins de semana ou festivos os propietarios do piso se vaian de ponte e os seus fillos realicen as festas cos seus amigos.

O día 5 de abril pola tarde unha patrulla de Policía Local acode de novo á vivenda onde son recibidos polos propietarios aos que se lle informa dos feitos que se relatan, manifestando que se foron de fin de semana, quedando na vivenda o seu fillo que identifican co mesmo nome que escoitaran os axentes na noite do día 2.

Por tal motivo levántase acta denuncia contra o responsable da festa (fillo dos propietarios do piso) por unha infracción grave á Lei de Saúde de Galicia ao non colaborar no labor inspector, propoñendo sanción de 3.001 euros, sendo informado da tramitación do expediente sancionador.

Noticias relacionadas