Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Martes, 06 de xullo de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Na noite do 5 ao 6 de xullo, realizáronse varios filtros de seguridade viaria e controis para a vixilancia do cumprimento da normativa COVID, na que participaron efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, apoiados por un equipo de Atestados do Corpo, dando o seguinte resultado:

  • Detectouse sobre as 00:50 horas a circulación irregular dun vehículo pola Avenida da Coruña, someténdose o condutor ás probas de detección alcohólica e lanzando un resultado POSITIVO de 0,53 mg/l, abríndose expediente sancionador con multa de 1000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución. O vehículo foi inmobilizado.
  • Interceptouse a TRES vehículos cuxos titulares non os presentaban a Inspección Técnica Periódica no prazo debido. Ábrese expedientes sancionadores con multas de 200 euros a cada un deles.
  • Detectouse un vehículo que carecía de Seguro Obrigatorio de Automóbiles, iniciándose expediente sancionador que carrexa multa de 1.500 euros.
  • Realizouse inspección a un local de hostalería da Avenida de Madrid, levantándose acta de denuncia por infracción á normativa reguladora de espectáculos públicos e actividades recreativas ao ter instalado un televisor na terraza e exercer a actividade coas portas abertas, transmitindo altos niveis de ruídos ao exterior, causando molestias á veciñanza.

Así mesmo levantáronse actas de denuncia por infracción á Lei de Saúde de Galicia polas seguintes condutas:

  • Carencia de rexistro de clientes.
  • Medidor do CO2 sen funcionamento por avaría.
  • Quebrantamento do horario de peche.

Noticias relacionadas