Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Xoves, 05 de novembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Control normas COVID-19

Efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo estableceron, no día de onte 4 de novembro/20, diversos controis para comprobar o cumprimento da limitación de entrada e saída de persoas no Municipio de Lugo, detectando dous condutores que incumprían dita limitación pois un deles entrara en Lugo procedente do municipio do Corgo e o outro procedente do municipio de Baralla.

Ambos condutores foron denunciados por infracción á Lei de Saúde de Galicia ao estar restrinxida a entrada de persoas no ámbito territorial de Lugo procedente doutros municipios e a saída do Municipio de Lugo, sen que acreditasen algunha das causas de excepción que figuran no Decreto de Presidencia da Xunta do 30 de outubro de 2020.

Por outra banda unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio detecta, nun establecemento da  rúa  Camiño Real, un home que leva a máscara á altura do queixo, cando non se acha en ningunha das excepcións que contempla a normativa da Xunta. Ao requirirlle que lla coloque adecuadamente os axentes observan que ten dous buracos a ambos os dous lados que a fan completamente inservible, motivo polo cal foi denunciado por infracción á Lei de Saúde de Galicia.

Noticias relacionadas