Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Xoves, 05 de agosto de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Filtros seguridade vial

 Durante un dos  filtros realizados, na noite do 4 ao 5 de agosto, enmarcado na campaña da Dirección Xeral de Tráfico para o control de inxesta de alcol e presenza de drogas en condutores, sorprendeuse a tres persoas que circulaban aos mandos dos seus automóbiles pola Rolda da Muralla e lanzaron resultados positivos nas probas de alcoholemia ás que foron sometidos, motivo polo cal foron denunciados administrativamente.

Os resultados obtidos foron de 0’34 e 0’32 mg/L o primeiro, 0’32 e 0’26 mg/ L o segundo e 0’56 e 0’52 mg/ L o último, levando consigo as dúas primeiras denuncias unha sanción de económica de 500 € e a detracción de 4 puntos do permiso de conducir e o último unha sanción de 1.000 € e a detracción de 6 puntos.

Tamén foi necesario proceder á inmobilización de dous dos vehículos, xa que non había ningunha outra persoa que se fixese cargo da súa condución.

Retirada de dous niños de velutinas

Ás 20’30 horas do día 4, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio trasládase á rúa Yánez Rebolo con motivo dun aviso sobre velutinas no devandito lugar. Compróbase a existencia de dous niños en dous inmobles diferentes, sendo necesaria a intervención do Servizo de Bombeiros para a retirada dos mesmos. Durante os traballos de retirada procedeuse ao corte do tráfico rodado nun tramo da vía.

Noticias relacionadas