Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Martes, 03 de novembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Localización dun menor

A solicitude dos Servizos Sociais do Concello de Lugo, para a localización dun menor que non se incorporou ao seu centro educativo, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, despois de comprobar que non residía nesta cidade, localizan a través das redes sociais ao pai do menor, informando que como consecuencia da crise sanitaria e económica, provocada pola pandemia, trasladáronse a Paquistán, decidindo quedar a vivir alí.

Informou tamén que tanto o seu fillo como o resto de familia atopábanse en bo estado, facilitando un teléfono de contacto para que os servizos sociais do Concello se puxesen en contacto con el cando quixesen e así tamén falar directamente co menor para comprobar que se atopaba ben.

Control medidas COVID-19

No día de onte, 2 de novembro, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, no transcurso dunha inspección levada a cabo nun local de hostalería da rúa Nicomedes Pastor Díaz, detecta que a persoa que rexenta o establecemento e que se atopa no interior da barra, non fai un uso adecuado da máscara, falando cos clientes a escasos centímetros, os cales se atopaban consumindo, levantándose por tal motivo acta denuncia por infracción á Lei de Saúde de Galicia.

Campaña de control de furgonetas no centro urbano

Dentro da campaña activada pola DXT para a vixilancia de furgonetas, realizada entre o 26 e o 31 de outubro, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, apoiados pola Unidade de Atestados do Corpo, controlaron un centenar de furgonetas, formulándose 16 denuncias por infracción á normativa de seguridade viaria, principalmente pola carencia de Seguro Obrigatorio de Automóbiles e por non presentar o vehículo en prazo debido á Inspección Técnica de Vehículos.

Noticias relacionadas