Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Mércores, 03 de xuño de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Delito contra a seguridade viaria

Sobre as 19,15 horas do día 2 de xuño/20, efectivos da Unidade de Atestados da Policía Local de Lugo, apoiados por unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio, acoden a  Camiño Real xa que un vehículo chocara contra dous estacionados.

Os axentes ao identificar o condutor observan que presenta signos de acharse en estado de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica e arroxando un resultado POSITIVO de 1,34 mg/ l (case seis veces máis do permitido), comprobando ademais que devandito condutor tiña retirado o permiso de condución por resolución xudicial, instruíndose dilixencias por DOUS delitos contra a seguridade viaria para a súa remisión ao Xulgado de Garda, quedando o vehículo inmobilizado.

Estado de Alarma

Durante o día de onte 2 de xuño/20, efectivos da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo estableceron diversos dispositivos no centro urbano para controlar o cumprimento das normas do Ministerio de Sanidade relacionadas co  COVID-19, levantándose actas por NON FACER USO DE MÁSCARAS de protección.

A Policía Local de Lugo lembra que o uso de máscaras é obrigatorio para persoas de seis anos en diante, tanto en vía pública como en espazos ao aire libre ou en calquera espazo pechado de uso público ou aberto ao público, sempre que non sexa posible manter unha distancia de seguridade interpersoal de polo menos 2 metros.

Nos vehículos privados particulares de ata 9 prazas, incluído o condutor, no caso de NON CONVIVENCIA poderán viaxar dúas persoas por fila de asentos e respectando a máxima distancia entre ocupantes, sendo obrigatoria a máscara en todos os ocupantes.

Estes incumprimentos carrexan sanción de 601 a 30.000 euros.

Molestias por ruídos no interior de vivendas

Efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Unidade Territorial de Policía de Barrio acoden, sobre as 1,25 horas, a un edificio da rúa San Roque xa que os veciños queixábanse dos ruídos que proviñan dunha vivenda.Os axentes tras comprobar que os ruídos que se escoitan son molestos, pois consisten en golpes contra as paredes, carreiras e berros de nenos, póñense ao fala coa veciña dese piso á que requiren para que cesen as molestias, o que fai de inmediato, resolvéndose o conflito entre particulares pola mediación da patrulla policial.

Ás 4,30 horas un indicativo policial acode a un edificio da Avenida de  Magoi debido ás denuncias dos veciños polo ruído que se xera nunha vivenda, que lles impide descansar.

Os axentes observan que a xanela do piso está aberta escoitándose música e voces de persoas en todo moi alto, comprobando que no interior estaba a levarse a cabo unha “festa” na que participaban oito persoas, requirindo á inquilina para que cesen as molestias, o que fai ao instante, abandonando as persoas a vivenda e levantando os axentes acta de infracción á Ordenanza de Protección Ambiental.

Noticias relacionadas