Comunicado de prensa do Concello de Lugo sobre a Ordenanza Fiscal de taxas do guindastre

Venres, 08 de abril de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Ante as informacións publicadas polos medios de comunicación en relación coa Ordenanza Fiscal Núm. 152, reguladora das Taxas por Aproveitamentos Especiais da Vía Pública, O Concello de Lugo informa:

  • A día de hoxe, non se atopa en vigor a Ordenanza Fiscal das Taxas por Aproveitamentos Especiais da Vía Pública do ano 2012, sobre a que se refire a sentenza que vén de ditar o Contencioso Administrativo número 2 de Lugo, dado que o pleno da Corporación municipal aprobou o día 1 de decembro e 2015 unha nova ordenanza, que rexe dende o 3 de marzo de 2016
  • Esta nova Ordenanza Fiscal contempla unha importante rebaixa nas taxas por ocupación de vía pública por parte dos guindastres. Son as seguintes:
    • Rúas de 5ª categoría: baixa un 82% (973,49€), pasando de 1.180,61€ a 207,12€ por 6 meses
    • Rúas de 3ª e 4ª categoría: baixa un 72% (844,12€), de 1.180,61€ a 335,88€ por 6 meses
    • Rúas de 2ª categoría: baixa un 68% (1.020,57€), de 1.496,89€ a 475,2€ por 6 meses
    • Rúas de 1ª categoría: baixa un 5% (91€), de 1.813,23€ a 1.722,54€ por 6 meses

A información sobre as taxas do 2012 e as actuais están a disposición da cidadanía na páxina web do Concello, www.lugo.gal

  • Estimouse que non era necesario un Estudo de Custes para a substitución da Ordenanza Fiscal do 2011 pola de 2012, dado que a decisión tomada consistiu en pasar a aplicar aos guindastres instalados en terreos particulares as taxas existentes para as que ocupan solo público
  • A sentenza ditada polo Contencioso Administrativo número 2 de Lugo non afecta ás liquidacións firmes practicadas ao abeiro da Ordenanza de 2012, nin, por suposto, ás liquidacións practicadas en base á ordenanza actualmente en vigor

Noticias relacionadas