Comunicado do Concello de Lugo

Xoves, 19 de novembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Ante as informacións e declaracións realizadas nas últimas horas sobre a ordenanza reguladora das taxas por ocupación da vía pública con terrazas para o ano 2016, aprobada pola Xunta de Goberno Local o pasado 11 de novembro, o Concello de Lugo informa:

  • A taxa por ocupación da vía pública con terrazas nas rúas de categoría fiscal 1, no centro da cidade, baixan 1,43€, pasando de 59,64 a 58,21€ por metro cadrado ao ano. O preceptivo estudo técnico de custes, elaborado en función dos valores catastrais de cada rúa, determina unha tarifa de 72,77€ para as vías de categoría fiscal 1, o que multiplicado polos coeficientes de intensidade de uso e superficie utilizada, resultaría unha taxa de 145,54€ por metro cadrado ao ano. Cumprindo co compromiso de conxelar ou baixar todas as taxas e impostos municipais, o Goberno decidiu aplicar unha bonificación do 60% nesta taxa para as rúas de categoría 1 -xa prevista no propio proxecto de ordenanzas aprobado o día 11 de novembro en Xunta de Goberno-, de maneira que, como se sinalou, queda en 58,21€ anuais por metro cadrado
  • Nos resto das rúas, a rebaixa oscila entre o 52 e o 82%. Deste xeito, nas rúas de categoría fiscal 2, a taxa será de 40,16€ por metro cadrado ao ano; nas de categoría 3 e 4, de 28,38€; e nas de 5, a taxa queda fixada en 17,50€
  • O Goberno local cumpre así coa palabra dada, e mantén conxeladas ou aplica rebaixas nas ordenanzas fiscais do ano 2016
  • O Executivo insta ao grupo municipal do Partido Popular a estudar con rigor, como é a súa obriga, a documentación do Concello sobre o proxecto de ordenanzas, e non ofrecer irresponsablemente datos sesgados que xeran preocupación na cidadanía

Noticias relacionadas