Comunicado de condena do Concello de Lugo

Venres, 27 de agosto de 2010
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo quere manifestar en primeiro lugar o seu profundo pesar aos familiares de Montserrat polo tráxico acontecemento que está a conmocionar á sociedade lucense.

Queremos que se escoite o noso rexeitamento a calquera tipo de violencia, e neste caso á violencia contra as mulleres que fai tremer as conciencias de toda unha cidade, que non comprende como se pode chegar a cometer este tipo de actos.

A xente de Lugo estamos hoxe conmocionados, e queremos unir as nosas voces para berrar un forte BASTA XA, ante actos criminais que acaban coa vida de mulleres inocentes e destrozan familias enteiras. Hoxe queremos estar todas e todos ao carón desta familia.

Pedimos á xente que non cale nunca ante estos actos inhumanos, e que denuncien aquelas situacións graves das que teñan coñecemento, para que non quede impune entre as paredes dun fogar, a desolación, a desesperanza e o medo que están a vivir moitas mulleres.

 

Multimedia

Noticias relacionadas