Comunicación Apertura Praza de Abastos e Mercado Municipal

Venres, 03 de xaneiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicación Apertura Praza de Abastos e Mercado Municipal
Dende a Área de Participación e Servizos á Veciñanza comunicase que o domingo 5 de xaneiro abrirase a Praza de Abastos e o Mercado Municipal de Quiroga Ballesteros
 
A concelleira responsable, Cristina López, sinalou "tratamos de facilitar as compras de reises tamén na Praza e no Mercado por que apostamos polo comercio local e por dar facilidades para mercar no Centro da Cidade e nos postos dos espazos municipais".
 
Tanto a Praza de Abastos como o Mercado Municipal de Quiroga Ballesteros permanecerán abertos entre as 9:00 e as 14:00 horas do domingo 5 de xaneiro. O obxectivo é que comerciantes e praceir@s que teñen os seu postos nestas instalacións municipais poidan ofertar os seus produtos ata o día antes de reises e que as persoas que desexen facer as súas compras e última hora poidan facelas tamén na Praza e no Mercado.

Multimedia

  • Comunicación Apertura Praza de Abastos e Mercado Municipal
  • Comunicación Apertura Praza de Abastos e Mercado Municipal

Noticias relacionadas