A Comisión de Festas elixe ao diplomático Pablo Bravo como pregoeiro das Festas de San Froilán

Venres, 01 de agosto de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, anunciou oficialmente que se propondrá ao diplomático lucense Pablo Bravo para ser o pregoeiro das Festas de San Froilán deste ano. A candidatura foi aprobada por unanimidade na Comisión de Festas e o único que falta é a aceptación de Bravo. O Concelleiro explicou que “xa estivo aquí o ano pasado durante as festas, foi o embaixador espacial do ano de españa en China e conta cunha prolongada carreira diplomática ao longo da súa vida”.

Grandío tamén anunciou que a Comisión de Festas decidiu que a apertura simbólica das portas da Muralla será feita este ano por diferentes colectivos deportivos da cidade. O Concelleiro explicou que “a Comisión de Festas dirixirase a dez federacións do deporte lucense para que sexan as que designen á persoa encargada de abrir a porta  que poden ser deportistas, arbitros, directivos…”

Os seguintes colectivos serán os encargados da apertura das portas durante os días de festa:

- Fútbol
- Baloncesto
- Ciclismo
- Atletismo
- Fútbol Sala
- Piragüismo
- Voleibol
- Triatlón
- Artes marciais
- Deportistas con discapacidade

A Comisión acordou que sería elexido na vindeira xuntanza a oferente a Rosalía de Castro, que como cada ano será o Domingo das Mozas.

O responsable de Deportes indicou que a poxa das  cinco casetas e os cinco caldeiros do polbo terá lugar, probablemente, na primeira quincena de agosto.

Noticias relacionadas