Comezan as restauracións das placas dos escritores da praza Maior e da rúa Bispo Aguirre

As placas están a ser restauradas e as citas literarias serán repintadas

Maite Ferreiro: “é unha intervención de mínimo custo para o concello, que mellora considerablemente a estética da zona máis céntrica da cidade”

Venres, 19 de xullo de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comezan as restauracións das placas dos escritores da praza Maior e da rúa Bispo Aguirre

A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que xa comezaron os traballos de restauración das placas adicadas a escritores da praza Maior e da rúa Bispo Aguirre. Ferreiro explicou que “debido ás limpezas borráranse parte dos textos e”.

As placas adicadas a escritoras e escritores que están situadas na praza Maior e na rúa Bispo Aguirre están a ser restauradas dos danos polo vandalismo, e estanse a repintar as letras do texto literario que conteñen. As 9 placas, colocadas sobre 7 soportes de granito, están adicadas a: Manuel María, Afonso Daniel Rodríguez Castelao, Rosalía de Castro, Ramón María de Valle-Inclán, Eduardo Pondal, Ramón Otero Pedrayo, Uxio Novoneyra, Álvaro Cunqueiro e Manuel Curros Enrriquez.

Segundo Ferreiro, “o correcto mantemento destes elementos ornamentais de contido cultural e identitario, forma parte da imaxe da cidade por estar situadas na zona máis concorrida e visitada de Lugo”. Segundo Maite Ferreiro “é unha intervención de mínimo custo para o concello, que mellora considerablemente a estética da zona máis céntrica da cidade”.

Audio

  • Maite Ferreiro, sobre as placas dos escritores | Descargar mp3

Noticias relacionadas