Comezan os traballos de renovación do céspede artificial nos campos de fútbol das Gándaras

Está previsto que os traballos, orzamentados en 350.000 euros, estean rematados antes de finalizar agosto

Xoves, 18 de xuño de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comezan os traballos de renovación do céspede artificial nos campos de fútbol das Gándaras

Esta mesma semana deu comezo a renovación do céspede artificial nos campos de fútbol I e II das Gándaras.

Os traballos, que teñen un custo conxunto de 349.593’2 euros, dispoñen dun prazo de execución de 6 semanas polo que se estima que a mellora destas dotacións municipais estea rematada antes de que finalice o mes de agosto.

O edil de Deportes, Miguel Fernández sinala que “a intención é que a reapertura do recinto coincida co inicio da nova tempada, na que o Concello de Lugo quere poder ofrecer a toda a cidadanía e, especialmente, aos clubes que realizan aquí os seus adestramentos unhas instalacións modernas e adecuadas aos niveis de competición que se disputan nelas”.

O concelleiro de Deportes lembra que esta actuación se suma a outras similares e xa desenvolvidas pola súa área meses nos campos de Frigsa e da Cheda.

Audio

  • O edil Miguel Fernández, sobre o inicio de renovación do céspede de As Gándaras | Descargar mp3

Multimedia

  • Comezan os traballos de renovación do céspede artificial nos campos de fútbol das Gándaras
  • Comezan os traballos de renovación do céspede artificial nos campos de fútbol das Gándaras

Noticias relacionadas