Comezan as obras do centro Uxío Novoneyra co fin de que as súas instalacións sexan máis amplas e accesibles

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, que visitou as dependencias coa edil Olga López, destaca que esta actuación busca mellorar a atención social ás familias máis vulnerables

A execución suporá que as actividades do programa Aprende Xogando para a poboación infantil se trasladen de xeito temporal ao centro Maruja Mallo.

Venres, 19 de febreiro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comezan as obras do centro Uxío Novoneyra co fin de que as súas instalacións sexan máis amplas e accesibles

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a edil de Benestar, Inclusión e Terceira Idade, Olga López, visitaron hoxe o centro Uxío Novoneyra, onde comezaron as obras de reforma dos locais do segundo andar, nas que o Concello inviste 69.000 euros.

A rexedora destacou que con esta execución “se busca optimizar a atención social ás familias en risco de exclusión social coa unificación dos Servizos de Benestar nunhas instalacións máis idóneas, accesibles e nas que a privacidade e seguridade dos usuarios e usuarias estea totalmente garantida”.

As actuacións, que durarán un mes, consistirán en proxectar novos espazos, máis amplos, cómodos e acondicionados, tanto para os usuarios como para o persoal municipal. Ademais de habitacións más abertas, se duplican os despachos, pasando dos tres actuais a seis. Mellórase a seguridade do persoal grazas á compartimentación e segmentación de usos e áreas. O complexo disporá de sala de espera, máis amplia, garantizando as distanzas de seguridade, e como novidade créase unha estancia de lectura e un habitáculo para os ordenanzas e un almacén.

“Como dato importante, destacar que unha vez finalicen as obras recalcar que o 100% dos traballadores estarán na mesma planta o que implicara unha mellora en canto a axilidade á hora de realizar trámites” destacou Méndez.

A concelleira de Benestar, Olga López, informou de que debido ao inicio das obras, as actividades incluídas no programa ‘Aprende Xogando’ trasládanse temporalmente ao centro social Maruja Mallo. Este programa está dirixido a procurar o desenvolvemento da personalidade das nenas e dos nenos a través do xogo e do xoguete.

Noticias relacionadas