Comezan as obras de creación de dous aparcamentos alternativos no entorno da nova senda ciclista que impulsa o Goberno de Lara Méndez

Mauricio Repetto coñeceu in situ os traballos que se efectuarán en Ramón Piñeiro e Lamas López para crear 69 novas prazas de estacionamento públicas e gratuítas.

“Hoxe damos un paso máis na procura dunha cidade cómoda, moderna e adaptada ás persoas, ao tempo que continúan a avanzar a bo ritmo as obras do carril bici”.

O executivo municipal inviste 171.000 euros nestes traballos, que contan cun prazo de execución de dez semanas.

Xoves, 11 de marzo de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comezan as obras de creación de dous aparcamentos alternativos no entorno da nova senda ciclista que impulsa o Goberno de Lara Méndez

Este xoves deron comezo os traballos para a creación de dous aparcamentos alternativos, públicos e gratuítos, nas rúas Ramón Piñeiro e Francisco Lamas López, nos barrios de A Residencia e O Castiñeiro, cos que o executivo municipal creará 69 prazas de estacionamento na contorna da nova senda verde ciclista, que chegarán ata as 120, xa que se sumarán ás 51 que se habilitarán co repitando en batería dos espazos nas rúas Río Mandeo, Pomar, Amizade e Ronda do Carmen.

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Mauricio Repetto, coñeceu in situ as tarefas que se efectuarán e lembrou que “estas actuacións contan cun investimento de 171.000, que se suma aos 1,2 millóns que o executivo municipal destina ás obras do carril bici, de 14 quilómetros, que percorrerá o Paseo do Miño, Parque Rosalía, Ronda do Carme, Fonte dos Ranchos, Lamas de Prado, Abella, A Residencia e Camiño Real, transformando a mobilidade nestes oito barrios da cidade, enmarcados na zona DUSI, co obxectivo de avanzar cara un modelo máis sostible e menos contaminante”.

“Hoxe, polo tanto, damos un paso máis na procura dunha cidade cómoda, moderna e adaptada ás persoas, na que estamos traballando no Goberno de Lara Méndez, ao tempo que continúan a avanzar a bo ritmo as obras do carril bici, pois xa se levou a cabo a reposición de máis de 3 quilómetros de firme nas zonas que se atopaban en peores condicións, para garantir a seguridade dos usuarios, e nos vindeiros días comezaran as labores de sinalización e repintado”, engadiu.

Os traballos, que comezaron hoxe, contan cun prazo de execución de dez semanas. A