Comezan dous novos cursos do Concello para formar ós desempregados

Mércores, 14 de novembro de 2007
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O luns 17 de setembro comezan dous dos cursos organizados polo Concello de Lugo para formar as persoas desempregadas nos novos sectores laborais. O obxectivo que persigue o Goberno Local é que os traballadores lucenses conten cos recursos necesarios para competir nos sectores económicos xurdidos nos últimos anos.

A Concelleira de Emprego, Sonia Méndez, asistirá ó inicio do curso de Técnico en Seguridade Agroalimentaria e Sistemas de Autocontrol. Un curso que, cunha duración de 350 horas, formará ós 15 asistentes para que satisfagan a demanda, tanto dos sectores productivos como das administracións competentes, de maiores e mais eficaces controles para garantir a seguridade en toda a cadea alimentaria.

Ademais, Méndez, inaugurará o curso de Experto en Sofware Ofimático Libre. Éste curso cumpre co obxectivo do Goberno Local de que todos os lucenses teñan acceso e coñezan as novas ferramentas de traballo que moven unha parte moi importante do mercado laboral hoxe en día, e non perdan oportunidades por carecer dunha formación adecuada no campo das novas tecnoloxías.

Outros cursos
O xoves día 20 de setembro, ás 10:00 horas celébranse as probas de selección para asistir ó curso de Axente de innovación, e o venres 21, tamén ás 10:00 horas, as do curso de formación para Programación en Jaba.

Noticias relacionadas