Comezan as catas arqueolóxicas na praza Maior, previas á colocación do busto de Xoán Montes

O busto pasou por un proceso de restauración por parte dun equipo especializado

 
Mércores, 11 de marzo de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comezan as catas arqueolóxicas na praza Maior, previas á colocación do busto de Xoán Montes

Durante o día de hoxe comezaron na praza Maior as catas arqueolóxicas previas á colocación da figura de Xoán Montes. Esta ubicación elixiuse dado que o propio Xoán Montes desenvolveu boa parte da súa actividade musical no quiosco da música da praza maior, o Círculo das Artes e a Catedral.

Nas pasadas semanas, o busto pasou por un proceso de restauración e limpeza por parte dun equipo especializado, no que se eliminou a suciedade das pezas de mármore e granito que compoñen a obra, mantendo as marcas de envellecemento propias da peza. O expediente para esta actuación iniciouse no pasado mandato, e foi impulsado no suplemento de crédito aprobado polo actual goberno no mes de setembro, cunha inversión de 18.000 euros.

Multimedia

  • Comezan as catas arqueolóxicas na praza Maior, previas á colocación do busto de Xoán Montes

Noticias relacionadas