Comeza un obradoiro sobre iniciación á regueifa e á recompilación de tradición oral

Ten unha duración de 26 horas e as sesións serán impartidas por Josiño da Teixeira, Isidro Novo, Antonio Reigosa e Xurxo Souto

Martes, 29 de setembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Obradoiro sobre iniciación á regueifa e a recompilación de tradición oral

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, asistiu este martes ao comezo do IV Obradoiro de Narración Oral de iniciación á regueifa e á recompilación de tradición oral no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, organizado pola Sección de Literatura de Tradición Oral da Asociación de Escritores en Lingua Galega en colaboración co Concello de Lugo.

Este obradoiro ten unha duración de 26 horas en 13 sesións semanais de dúas horas cada unha, ata finais de decembro. Participarán un total de 25 persoas maiores de 15 anos e desenvolverase de 18:00 a 20:00 horas. As sesións serán impartidas por Josiño da Teixeira, Isidro Novo, Antonio Reigosa e Xurxo Souto.

Os contidos que se tratarán no obradoiro serán os seguintes: Iniciación á regueifa por Josiño da Teixeira; iniciación á recompilación de mitos, lendas, contos e sucedidos de Lugo por Isidro Novo e Antonio Reigosa; sesión especial para achegarse ás historias da tradición oral do mundo do mar por Xurxo Souto; e sesión final aberta ao público onde se representarán exemplos de patrimonio oral.

Noticias relacionadas